Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O sector inmobiliario prepárase para un exercicio que marcará un punto de inflexión



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE XANEIRO DE 2020 · (0)



Pecha un período de cinco anos de crecemento sostido desde que en 2014 comezara a recuperación do mercado. Pisos.com prevé que o prezo da vivenda en venda en España aumente dun 2% a un 4% en 2020, pero o aluguer aínda máis: de media entre 4% e o 6%, tendo en conta a fluctuación heteroxénea de mercados e rexións.


Ferran Font, director de Estudos de pisos.com, móstrase optimista fronte ao ano que estreamos, alomenos no relativo a este sector: “pecha un 2019 moi positivo pero que sufriu certos altibaixos debido á inestabilidade. Con todo en 2020 oferta e demanda van atopar un equilibrio maior”. Aos datos desta web hai que engadir os de Sociedade de Taxación, que van na liña, coida que os prezos de vivenda nova subirán entre o 3% e 3,2%.

En todo caso o mercado evolucionará a varias velocidades: haberá zonas nas que os prezos baixen, noutras manteranse estables e noutras seguirán a tendencia alcista. Así pois, o número de transaccións recuperarase da caída deste ano causada pola nova Lei Hipotecaria e pecharanse ao redor de 530.000 vendas, un 2% máis. En canto ás hipotecas alcanzarán as 360.000, un incremento interanual do 4% respecto a 2019. Por último, por primeira vez desde o 2008, superaranse os 120.000 visados para a construción de obra nova polo que seguirá aumentándose a oferta residencial para dar resposta á demanda.

Os factores externos tamén serán protagonistas 

- A desaceleración económica. Aínda que empeza a facerse evidente parece que non será tan marcada, polo que durante o ano non deberían rexistrarse caídas drásticas nin da demanda nin dos prezos.

- O Brexit. O 31 de xaneiro se se cumpren os prazos o Reino Unido deixará de pertencer á Unión Europea. Abrirase un período de transición no que a economía europea e o euro poderían sufrir as consecuencias.

- A política española. A formación definitiva dun novo Goberno suporá a posta en marcha de novas medidas relativas a vivenda. Os prazos e a formación rápida de acordos serán fundamentais para a estabilidade económica.

- A Lei Hipotecaria. A implementación da nova Lei Hipotecaria tivo un efecto directo na firma de hipotecas e, por tanto, no número de compravendas. A estatística viuse  distorsionada na segunda parte de 2019 e haberá que ver o efecto que podería seguir tendo esta normativa no próximo exercicio.

Cifras

Segundo Sociedade de Taxación en 2019 o prezo medio da vivenda nova en España aumentou un 4,5% nas capitais de provincia, alcanzando os 2.453 €/ m2. O Índice de Esforzo Inmobiliario que define o número de anos de soldo íntegro que un cidadán necesita destinar para a compra dunha vivenda de tipo medio, mantén a tendencia de crecemento e sitúase en 7,4  anos no último trimestre de 2019. En Galicia é de 7,2. Por Comunidades  Cataluña (3.934 €/ m2), Madrid (3.627 €/ m2) e País Vasco (2.734 €/ m2) coma sempre á cabeza en prezos. Galicia queda con 1.615 €/m2 .



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)