Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Oito emprendedores galegos con discapacidade poñen en marcha o seu proxecto coa axuda de Fundación ONCE



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE XANEIRO DE 2020 · (0)



Un total de 77 emprendedores con discapacidade en toda España desenvolverom as súass iniciativas durante 2019 grazas a este apoio. Deles, oito son de Galicia, entre os que figuran un centro móbil de coidado de animais e unha explotación gandeira.


O obxectivo destas axudas, que Fundación ONCE ofrece en calidade de Organismo Intermedio do Programa Operativo do Fondo Social Europeo de Inclusión Social e Economía Social 2018-2022 (Poises), é fomentar o emprego e mellorar a empregabilidade e a inserción socio laboral do colectivo. Dende a posta en marcha desta iniciativa de fomento do autoemprego en 1988, se deron axudas a máis de 1.823 emprendedores con discapacidade.

Nesta edición, de novo os proxectos aprobados acumulan un alto grao de innovación. Entre as iniciativas presentadas, figuran, por exemplo, unha aplicación para localizar aparcamento ás persoas con mobilidad reducida, a comercialización dun xogo terapéutico, un proxecto de musicoterapia, unha tenda online de cosmética rural e un centro de realidade virtual de simulación de competición de rallies, entre outros. Además, hai varias iniciativas relacionadas co mundo rural, que van dende un aloxamento de turismo ata un servizo de avogacía, explotacións gandeiras e un servizo de eco-formación.

Das 77 axudas concedidas na última edición do programa, un 58% foi para homes e un 42% para mulleres. En canto á distribución xeográfica, 24 foron parar a beneficiarios que viven en Andalucía; oito para emprendedores radicados en Castelae León, Cataluña, Estremadura e Galicia; sete para proxectos desenvolvidos en Asturias; seis para iniciativas de Madrid, e tres para emprendedores de Castela-A Mancha e Comunidade Valenciana, además dunha axuda para un proxecto en Canarias e outra para un de Murcia.

Axudas

No período de execución 2018-2022 Fundación ONCE destinará 2,6 millóns de euros para impulsar o emprendemento de persoas con discapacidade. Ademais, nesta convocatoria se incorporaron criterios específicos para favorecer, por exemplo, o emprendemento das mulleres con discapacidade.

Os emprendedores reciben unha axuda económica fixa e mínima de 3.000 euros, que se pode incrementar en función do perfil do emprendedor: ata 2.000 euros máis os colectivos con discapacidade con especial dificultade, entre os que se atopan persoas con parálise cerebral, enfermidade mental ou discapacidade intelectual; 1.000 euros máis ás mulleres, os parados de longa duración, os maiores de 45 anos e os inmigrantes, e ata 2.000 euros máis ás vítimas de violencia de xénero, as familias monoparentais e aqueles fogares con todos os membros en desemprego e fillos menores a cargo.

Por outra banda, tamén se prima ás empresas que xeren emprego para outras persoas con discapacidade; aos proxectos que ademais fomenten o desenvolvemento de sectores en crecemento como a agricultura ecolóxica; aos que contribúan ao desenvolvemento rural, e aos que teñen que ver coas tecnoloxías e a sociedade da información, o turismo especializado, servizos de saúde, medio ambiente e aos dirixidos a investigación e desenvolvemento ou á innovación social. Non obstante, a suma total da axuda non será en ningún caso superior aos 18.000 euros.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)