Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O noroeste peninsular é a área máis optimista en canto a contratación



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE XANEIRO DE 2020 · (0)



Mentres as previsións de contratación dos directivos españois están entre as máis baixas de Europa, cunha proxección do 1%, na zona constituída por Castela e León, Asturias e Galicia acada o 5%, o que representa o mellor dato dos últimos anos.


Os datos do último Estudo ManpowerGroup de Proxección de Emprego para o primeiro trimestre de 2020 reflicten unhas intencións de contratación dos directivos españois moi prudentes. Unha vez aplicados os axustes estacionais, a proxección de emprego neto en España é do 1%. As previsións mantense nunha liña similar á do trimestre anterior, aínda que se reducen en dous puntos porcentuais ao comparalas co trimestre anterior. Nunha comparativa internacional, os directivos gregos e romaneses son os que prevén un ritmo de contratación máis intenso durante os próximos tres meses, mentres que se espera que Italia e España sexan os mercados laborais máis débiles.

Como apunta Raúl Grijalba, presidente executivo de ManpowerGroup España, “os resultados do estudo para o primeiro trimestre de 2020, reflicten o momento de desaceleración económica mundial e a incerteza política a nivel nacional. Por iso, as empresas amósanse cautelosas á hora de contratar e prefiren centrarse no curto prazo, de forma que lles permita adaptarse con máis axilidad aos posibles cambios, e incluso, aceleran o impacto da transformación dixital anticipando decisións que no futuro poderían ser máis complexas de xestionar”.

O estudo realizado por ManpowerGroup divide o país en seis rexións para valorar as previsións en cada unha delas: centro (Castela-A Mancha e Madrid); leste (Comunidade Valenciana e Murcia); norleste (Cataluña e Illas Baleares); noroeste (Asturias, Castela e León e Galicia); norte (Aragón, Cantabria, A Rioxa, Navarra e País Vasco) e Sur (Andalucía, Estremadura e Illas Canarias). Seguindo esta clasificación, os datos reflicten que os directivos de catro das seis zonas do país esperan ampliar os seus equipos no próximo trimestre.

En catro das seis rexións os directivos esperan ampliar os seus equipos durante os próximos tres meses. Na rexión do noroeste é onde se observa a proxección de emprego neto máis forte, do 5%. Respecto ás demais áreas, prevese un lento aumento do emprego en dúas delas –o leste e o norte–, ambas con proxeccións do 4%, mentres que no norleste a proxección é do 1%. En cambio, os directivos do centro e do sur prevén unha redución dos seus equipos, ao situarse as proxeccións no -2%. As perspectivas de contratación melloran no leste e o noroeste se se comparan coas do trimestre anterior, con aumentos de cinco e tres puntos porcentuais, respectivamente, mentres que no norte, os directivos prevén unha diminución de tres puntos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)