Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Círculo pide “serenidade” ante a estreada lexislatura parlamentaria



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE XANEIRO DE 2020 · (0)



Os empresarios vigueses consideran “vital manter o acougo ante os grandes retos aos que se enfronta a economía española”. Respectando as reivindicación rexionalistas, lembran que España non pode facer fronte a unha economía global e dixitalizada e un problema demográfico “encerrándose en discursos que basean os seus obxectivos en proclamas territoriais desequilibradoras e proteccionistas".


Mirarse o embigo nun momento no que a batalla económica mundial dispútase no taboleiro do Pacífico e o Índico non semella ter sentido. Círculo considera que as familias e as empresas españolas afrontan problemas similares cuxa solución dificilmente atopará amparo en discursos extremistas ou populistas “que obvian unha realidade que apenas estivo presente nas últimas sesións parlamentarias”.

 

Nun comunicado feito público hoxe afiurma que “a confrontación política non pode en ningún caso ser escusa para diluír a procura do benestar colectivo, baseado nos dereitos fundamentais proclamados na Constitución Española. Hoxe máis que nunca é esixible un debate sosegado que permita articular estratexias a longo prazo”.

Tamén afirma o círculo empresarial galego que España non pode facer oídos xordos ao alcance do Brexit para boa parte das empresas españolas, poñer trabas ao crecemento empresarial e á creación de emprego, escapar da análise profunda dun sistema de pensións que urxe de solucións ou non afrontar unha reforma seria “que depare unha administración áxil e moderna, supoñería unha perda de tempo imperdoable, que terminará pasando unha  gravosa factura ao país no seu conxunto”. Círculo quere dar un voto de confianza ao diálogo, tan repetida durante o debate de investidura, á vez que apela ao sentido común dos homes e mulleres de Estado que forman parte das Cortes Xerais.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)