Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O prezo da vivienda en aluguer sube un 7% en Galicia durante 2019



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE XANEIRO DE 2020 · (0)



O custo medio na comunidade autónoma sitúase nos 6,6 euros por metro cadrado, segundo o último informe publicado por idealista, pero rexistra comportamentos dispares nas catro provincias. Mentres sube na Coruña (12,1%), Lugo (8,9%) e Pontevedra (5,6%), en Ourense cae un -2,5%.


Así as cousas, Lugo e Ourense mantéñense como as provincias máis baratas de Galicia co metro cadrado a 5,1 e 5,2 euros mensuais respectivamente, mentres que a máis cara é Pontevedra con 7,4 euros por metro cadrado, seguida pola Coruña, con 6,5 euros. En canto ás cidades, o crecemento de prezos de aluguer encabézao Santiago de Compostela cun encarecemento do 14,2%, seguida pola Coruña (7,4%), Lugo (5,4%) e Pontevedra (0,6%). Polo contrario, á cabeza dos descensos está a cidade de Ourense cunha caída do -2,6%, seguida por Vigo (-1,2%).

Entre as principais cidades galegas, Vigo e A Coruña son as máis exclusivas, con 8,1 euros por metro cadrado mensiuais en ambos casos. Séguelles Santiago de Compostela con 6,9 euros por metro cadrado ao mes e Pontevedra (6,6 euros). Lugo (5,5 euros) e Ourense (5,5 euros), que son as máis económicas.

Para Fernando Encinar, xefe de estudos de idealista, “o ano péchase revertendo a tendencia coa que arrincou. Esperabamos que 2019 fose un ano de normalización dos prezos de aluguer, incluso de caídas, pero o decreto lei en materia de aluguer que foi definitivamente aprobado durante a primavera lle deu a volta á tendencia, con tensións á alza dos prezos. Lexislar non sae gratis, e menos para miles de inquilinos”.

Alerta

A plataforma de venda e aluguer de vivenda sinala que o que vivimos en 2019 debería poñernos en alerta contra novas iniciativas lexislativas que penalicen o mercado do aluguer, xa que todas as medidas coercitivas que se tomen, como tratar de controlar artificialmente os prezos, poden ter xustamente o efecto inverso ao desexado. Segundo explica, isto deuse noutras capitais europeas, onde calquera política agresiva co propietario mermou o volume de vivenda dispoñible e, polo tanto, fixo subir as rendas. Dende o portal inmobiliario apelan á responsabilidade con fórmulas que propicien a entrada de novo produto coa construción de nova vivenda pública alí onde fose necesario, certeza xurídica, tolerancia cero coa okupación, e maior seguridade aos propietarios fronte a destrozos e impagos.

En canto ao prezo da vivenda en aluguer a nivel nacional, idealista sinala que medrou un 4,8% en 2019, deixando o custo por metro cadrado en 10,9 euros mensuais. Aínda así, indica que en taxa trimestral o incremento se sitúa só no 0,4%. Ademais destaca que o prezo sube en todas as autonomías e en case todas as provincias.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)