Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O gasto das empresas en viaxes corporativas medrará un 10% en España



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE XANEIRO DE 2020 · (0)



O 70% do investimento que realizan as empresas españolas para a viaxes corporativas está destinado a construír relacións con clientes xa establecidos ou buscar potenciais clientes para desenvolvemento comercial.


Tamén prevese un incremento do 5% con respecto a 2019 en canto á cantidade de persoas que viaxan por temas de traballo. España é o país onde o crecemento será máis acelerado, fronte a un potencial 6% no resto dos principais países europeos.

Santiago Montero, CEO de Aervio, explica que “a industria das viaxes de negocios continúa crecendo e o seu impacto na economía das empresas é cada vez maior. Os cambios sociais, culturais e tecnolóxicos revolucionaron o sector en Europa e tamén en España e as axencias debemos adaptarnos con facilidade ao novo formato para ofrecer mellores propostas acorde ao que o cliente solicita”.

E en canto aos destinos máis habituais para os españois en viaxes de negocios, máis do 70% son dentro continente europeo ou directamente dentro do territorio español. Por cidades, Madrid, Barcelona e Valencia son as que reciben máis turismo, mentres que a nivel europeo destacan Londres, Berlín cun forte crecemento de Lisboa nos últimos tres anos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)