Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A familia Pérez Nieto recibirá o XIV Premio Familia Empresaria de Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE XANEIRO DE 2020 · (0)



O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, entregará o galardón ao presidente de honra de Pérez Rumbao, Emilio Pérez Nieto –na imaxe–, nun acto que terá lugar o próximo xoves en Santiago de Compostela.


A Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) concede fai este recoñecemento á familia fundadora da empresa Pérez Rumbao, compañía referente no sector da automoción en Galicia, no que dá emprego directo a 1300 traballadores. A empresa foi fundada en Ourense en 1920 e protagonizou unha forte expansión dende o ano 2000 coa apertura e adquisición de numerosas compañías tanto en Galicia como en Portugal.

Así, a AGEF decidiu homenaxear a traxectoria de Pérez Rumbao, compañía que este ano cumpre 100 anos de historia, e agradecer ademais especialmente a Emilio Pérez Nieto o seu compromiso coa asociación, xa que é o seu cofundador e anterior presidente. O Premio Familia Empresaria de Galicia, creado pola AGEF no ano 2005, ten carácter anual e con el a asociación recoñece a contribución das sagas familiares ao desenvolvemento do tecido productivo de Galicia, con especial atención á orixe e evolución histórica da empresa, os postos de traballo creados e o esforzo pola continuidade, xeración tras xeración.

A Asociación Galega da Empresa Familiar é unha das principais organización empresariais con raíces de Galicia e está integrada por 59 compañías galegas de referencia. Entre os obxectivos da asociación están dar a coñecer a importancia da empresa familiar como fonte de riqueza e emprego, poñer de relevo a función económica e social do empresario familiar na sociedade moderna e axudar ás empresas familiares a xestionar os seus desafíos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)