Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A refinería de Repsol Coruña inicia mañá sábado a parada de 2020



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE XANEIRO DE 2020 · (0)



Esta actuación programada, á que se destinarán máis de 64 millóns de euros, concluirá a finais de marzo. Inclúe 17 millóns para inspección, mantemento e mellora nas seis unidades e 4,7 millóns en seguridade, fiabilidade, medio ambiente e competitividade das instalacións.


O cese da actividade será en escala e en distintas datas nas seis unidades de Conversión. O resto continuarán coa súa operación habitual. Ademais, durante esta parada programada, terminarán os proxectos de redución de emisións de CO2. Haberá unha coordinación de seguridade con persoal propio, técnicos e persoal de prevención de empresas de servizos as 24 horas.

A unidade de FCC (Craqueo Catalítico Fluído), na que se farán as principais actuacións, serve para transformar gasoil procedente da destilación atmosférica e sen carga en produtos máis lixeiros para a elaboración final de combustibles. Forma parte das unidades de Conversión, situadas en Arteixo, que permiten  reprocesar fraccións procedentes de destilación de cru, conseguindo produtos destilados de maior calidade.

Na parada, ademais do persoal propio, prevese que cheguen a alcanzarse puntas de 450 profesionais externos traballando diariamente, pertencentes na súa maioría ás 35 empresas auxiliares. Coas actuacións reduciranse as emisións á atmosfera e conseguirase unha mellora da eficiencia enerxética coa introdución de novos equipos. Permitirá un aforro de combustible e redución das emisións en máis de 18.000 toneladas/ano de CO2.

Seguridade

Dende a refinaría explcian que “as persoas que participan na parada teñen obrigatoriamente que posuír uns requisitos de formación en seguridade, que ademais se reforzan con formación específica”.

A denominación parada programada é porque non se pode traballar coas unidades en servizo, é necesario detelas para poder acometer labores que implican unha planificación exhaustiva cun ano de antelación. Unha parada conleva distintas etapas: proceso de parada da unidade, que pode levar varios días; execución de traballos con revisión programada e posta en marcha das unidades.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)