Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Nace CulturaExterior, aceleradora para que as empresas do sector cultural accedan a novos mercados



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE XANEIRO DE 2020 · (0)



Un equipo do Consorcio da Zona Franca de Vigo ofrecerá formación a editoriais, empresas de produción e distribución artística e musical, comunicación, publicidade, eventos, artes escénicas e videoxogos. O prazo para inscribirse está aberto ata o 20 de xaneiro.


Este novo programa formativo e de capacitación desenvolverase en horario de tarde un día á semana desde principios de febreiro ata abril; un equipo de expertos, especializado no sector cultural e creativo ofrecerá asesoramento durante os tres meses. As 15 empresas escollidas desenvolverán plan de internacionalización, obterán unha guía das principais feiras internacionais e misións de interese, e un roadmap coas axudas.

O enfoque da aceleradora CulturaExterior será de carácter práctico e permitirá fomentar o networking con outras empresas. Poderán participar, sen custo, as pemes do sector cultural e creativo que teñan interese en acceder a novos mercados internacionais, con independencia da experiencia en comercio exterior. O programa  adaptarase ás necesidades con titorías personalizadas.

“CulturaExterior tras o éxito das dúas primeiras edicións de ViaExterior, xa que a aceleradora multi-sectorial para a internacionalización posibilitou que os seus participantes logren abrir novas sedes fóra das nosas fronteiras”, di David Regades, que engade que “tras o seu paso por ViaExterior, as empresas iniciaron novas posibilidades no continente europeo, nos países de Latinoamérica, Asia e África”. Agora, con  CulturaExterior, a Zona Franca de Vigo espera conseguir algo semellante para o sector cultural.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)