Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Un de cada cada tres españois cambiou de emprego nos últimos seis meses



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE XANEIRO DE 2020 · (0)



En concreto, o 29,4% dos traballadores deste país fixérono, unha porcentaxe que supera a Estados Unidos (29,3%), Países Baixos (28,4%) ou Italia (23%). Cun crecemento de máis de sete puntos porcentuais respecto a 2018, España tamén se ubica entre os países que máis medraron.


Un informe da empresa de recursos humanos Randstad revela que España conta cunha mobilidade laboral alta xa que se atopa tamén por riba de países como Xapón (21,7%) ou Portugal (21,5%), e só é superado por Francia (29,7%), Reino Unido (29,9%) e Alemaña (30,6%). España tamén se atopa nos primeiros postos en canto ao crecemento da mobilidad con respecto ao pasado ano, xa que a taxa medrou 7,4 puntos porcentuais, pasando do 22% a finais de 2018 ao 29,4% do peche de 2019, unha cifra superior á de países como Xapón (7,1 puntos), Francia (5,7), Estados Unidos (5,2), Países Baixos (4,2) ou Suecia (3,7), pero aínda inferior a Alemaña (8,2).

No que a España se refire, o informe destaca que a idade é un aspecto significativo nos traballadores que cambian de traballo, sendo os máis novos os máis propensos a comezar unha nova experiencia laboral. Así, os profesionais menores de 25 anos son os que máis cambiaron de traballo nos últimos seis meses, en concreto un 59,4%. Séguenlles os empregados de entre 25 e 44, dos que o 33,5% deu un xiro á súa carreira profesional, mentres que os maiores de 45 foron os máis conservadores, cambiando de traballo apenas o 16,4%.

Randstad tamén tivo en conta o nivel académico dos entrevistados á hora de levar a cabo o seu estudo. Deste modo, os traballadores con estudos superiores son os que máis cambiaron de emprego nos últimos seis meses (31%), seguidos polos que teñen educación secundaria (27,3%) e os que contan con ensino primario (24,4%). En canto ao xénero dos profesionais, a diferenza é moi discreta: de tan só catro décimas, xa que o 29,6% dos homes declara ter cambiado de traballo por un 29,2% das mulleres.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)