Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 77% dos profesionais da saúde valoran con optimismo o seu traballo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE XANEIRO DE 2020 · (0)



Aínda que máis da metade afirma que sufriu algunha vez física ou mentalmente, a maioría segue vendo o a súa profesión en positivo: un 96% di que lle gusta o que fai malia que só o 60% recomendaría aos seus seres máis próximos traballar no gremio.


360 medics realizou unha enquisa entre 29 de outubro de 2019 e o 6 de xaneiro de 2020 a máis de medio milleiro de profesionais do sector sanitario español para obter datos precisos sobre o que pensan en relación ao traballo e ao futuro da práctica médica. Entre os principais resultados destaca que un 77% son optimistas, proporción que ascende ao 94% ao encuestar aos facultativos de menos de 25 anos, que ademais pensan que a práctica médica mellorará nos próximos 10 anos.

Ademais, no informe 360 medics estudou os 3 factores que máis impacto terán no futuro dos sanitarios segundo o seu criterio: cambios nas políticas sanitarias, desenvolvemento tecnolóxico no sector sanitario e cambios no comportamento dos pacientes.

Cambios nas políticas sanitarias. Un 80% dos enquisados coida necesaria unha reorganización do sistema sanitario español.Tanto un aumento do persoal (47% dos preguntados) como do orzamento dedicado á saúde (57%) tería un impacto positivo. Entre os aspectos que destacan cabe destacar a necesidade da  mellora das condicións de traballo, por exemplo un maior tempo de descanso entre as gardas, ou o feito de favorecer a formación continua para que os sanitarios poidan garantir uns coidados de calidade ao longo da súa vida profesional.

Desenvolvemento tecnolóxico. Un 42% dos médicos considera que ateleconsulta terá un impacto negativo mentres máis dun 40%  considera que a intelixencia artificial e a robótica serán aspectos que beneficiarán a condición de que se controle adecuadamente o seu uso. Os sanitarios a favor da dixitalización consideran que a impresión 3D, a Internet das Cousas e a informatización dos historiais dos pacientes son métodos prácticos.

Cambios nos comportamentos dos pacientes. Finalmente, os propios pacientes xa optan por informarse con frecuencia na internet, o cal ten un impacto negativo para o 67% dos facultativos enquisados. Para solucionar este problema os médicos recomendan ter máis control sobre estas páxinas online que inducen ao erro. Como contrapartida positiva, un 55% dos sanitarios considera que os pacientes crónicos sexan expertos nas súas propias patoloxías terá un impacto positivo sobre a práctica médica.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)