Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia convoca os VII Premios Galicia de Enerxía



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE XANEIRO DE 2020 · (0)



Estes galardóns queren recoñecer as mellores traxectorias no fomento e implantación de boas prácticas no eido da enerxía. As candidaturas poden presentarse ata o próximo 30 de xaneiro.


A Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia, coa colaboración do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, abre a convocatoria para a sétima edición dos Premios Galicia de Enerxía. Trátase dos galardóns máis importantes deste sector na comunidade autónoma, que cada ano recoñecen as contribucións realizadas polos profesionais ou entidades.

Calquera persoa, física e xurídica, ou calquera entidade pode presentar a súa candidatura ata o 30 de xaneiro a través do correo electrónico asociacion@icoiig.es na que debe explicar os méritos para lograr o galardón. Todos os aspirantes deben ter unha vinculación evidente e demostrable con Galicia. O xurado, así como os anteriores premiados, tamén poderán propoñer candidaturas aos Premios Galicia de Energía.

Estes recoñecementos abarcan diferentes áreas de actuación como comunicación en materia enerxética; sensibilización e difusión en materia enerxética; emprendemento; iluminación; innovación; enerxías renovables ou eficiencia enerxética.

Os premios entréganse durante unha gala que cada ano se celebra nunha cidade distinta de Galicia. Na súa sétima edición, a cerimonia terá lugar en Ferrol, nun encontro que reunirá a un gran número de profesionais e empresarios do sector.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)