Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Navalia logra de novo a certificación de feira internacional



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE XANEIRO DE 2020 · (0)



A oitava edición da viguesa feira naval volverá contar co recoñecemento da Secretaría de Estado Comercio que obtense tras superar certo número de expositores e visitantes estranxeiros, no apoio do sector e a progresión positiva xunto cos informes da Dirección Territorial de Comercio e do ICEX.  Apenas restan 500 metros cadrados para colgar o cartel de completo.


A cita de marzo estará chea de xornadas e presentacións de proxectos europeos. A Agrupación industrial Marítima Español acaba de confirmar que celebrará unha reunión con todas as agrupacións industriais españolas coincidindo coa feira e que tamén aproveitará a súa presenza en Galicia para organizar unha xornada dentro do ciclo de conferencias “Encontros Mar”.

Pese ao parón que supón o mes de decembro 2019 pechou cunha ducia de novas empresas de Estados Unidos, Francia, Noruega, Bélxica, Alemaña, Polonia e Grecia. Con respecto a este último país, onte mesmo o director de Navalia, Javier Arnau, mantiña un encontro en Madrid co seu embaixador, Yannis Tzovas  Mourouzis, para trasladarlle persoalmente a invitación á oitava edición da feira, tendo en conta o grupo de empresas helenas que estarán en Vigo da man de Hemexpo, Hellenic Marine  Equipment  Manufacturers &  Exporters (asociación de fabricantes e exportadores de equipos mariños  helénicos).

“Ao prestixio que supón estar incluídos dentro do Calendario Oficial de Feiras Comerciais Internacionais, únese a difusión e publicidade do evento”, afirman dende a organización da feira que este ano celebrarase no IFEVI entre os días 19 e 21 de marzo. A cita promociónase en institucións e organismos administrativos, organizacións empresariais, e oficinas comerciais de España no exterior.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)