Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Fomentando o pensamento crítico entre os estudantes de ESO e Bacharelato



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE FEBREIRO DE 2020 · (0)



“Democracia vs tecnocracia, que sistema de goberno é o máis apropiado para afrontar os retos do século XXI nos países membros da Unión Europea?”. Esta é a pregunta da segunda edición do Torneo de Debate Académico de Galicia (TDAG), que organiza a Fundación Barrié para o alumnado de centros educativos públicos, concertados e privados da comunidade autónoma.


Esta segunda edición conta coa participación de 300 estudantes e 51 profesores de 36 colexios de toda Galicia, agrupados en 60 equipos. Os equipos están formados por catro ou cinco alumnos máis o profesor preparador. Todos os centros escolares participantes no II TDAG recibiron formación en oratoria e debate ao longo dos últimos meses co fin de que, nunha primeira fase, os profesores poidan exercer como guías do alumnado durante o período de preparación da pregunta de debate.

O II TDAG ofrece así a todos os centros de Galicia unha ferramenta educativa integral, de grande utilidade tanto para a vida académica como para a vida persoal do alumnado. Os resultados de cada xornada se poden consultar na páxina web da Fundación Barrié en: http://www.fundacionbarrie.org/torneo-debate. A final da II Edición do TDAG terá lugar este venres ás 18.30 horas no auditorio da Fundación Barrié (Cantón Grande, 9. A Coruña) e estará aberto ao público.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)