Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Eurostars Hotels incorpora o Blue Coruña 4* ao seu portafolio en España



PUBLICADO O 04 DE FEBREIRO DE 2020 · (0)



Tamén o Hotel Los Agustinos 4*, un antigo convento reformado no municipio de  Haro (A Rioxa). A marca do Grupo Hotusa, que lidera o chantadino Amancio López Seijas,  suma 112 establecementos en 14 países. O hotel coruñés está no centro e intégarse en réxime de arrendamento.


Este é o terceiro establecemento que Eurostars Hotels xestiona na cidade galega, onde xa explota o Eurostars Atlántico 4* e o Eurostars Ciudad da Coruña 4*. Con 70  habitacións de decoración inspirada no mar, ximnasio e almorzo buffet está en Juana de Vega, na zona comercial máis coñecida, á beira da Praza de Lugo.

En palabras do Presidente de Grupo Hotusa, Amancio López Seijas, “a integración destes dous establecementos reafirma a nosa firme aposta pola hotelaría urbana de gama alta e a nosa vontade de incorporar produtos singulares”.

Eurostars Hotel Company ofrece máis de 200 establecementos distribuídos en 20 países, cuxas estruturas se integran nas marcas Eurostars  Hotels,  Exe Hotels e  Ikonik  Hotels. Os Eurostars Hotels son unha colección urbana de gama alta, cunha localización no centro das cidades ou nas inmediacións dos distritos financeiros. Ten 112 establecementos nas grandes capitais españolas e principais destinos internacionais: Nova York, Miami, Berlín, Roma, Nápoles, Venecia,  Palermo, Bruxelas, Praga, Budapest, Lisboa, Porto, Casabranca ou Ciudade de México.  Exe Hotels reúne máis de 70 hoteis funcionais en 14 países, mentres que Ikonik representa unha nova maneira de concibir os hoteis, unha marca colorista e innovadora.

Nada o 1977 Grupo Hotusa suma 5.500 empregados e unha facturación que supera os 1.200 millóns de euros. Integran a organización, ademais de Eurostars Hotel Company, o primeiro consorcio hostaleiro do mundo, Hotusa Hotels (con 3.030 hoteis asociados), o representante hostaleiro Keytel, con máis de 1.300 establecementos adheridos; e a central de reservas Restel.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)