Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

José Ramón Santamaría, novo presidente de Fundación Inade



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE FEBREIRO DE 2020 · (0)



Profesional da economía e da empresa, desempeñou cargos no sistema financeiro, nas entidades aseguradoras e no sector da sanidade. Por esta última faceta profesional é especialmente coñecido, xa que durante 30 anos foi o xerente dun dos hospitais máis famosos de Vigo, Vithas Nosa Señora de Fátima.


Estes xoves 6 de febreiro Fundación Inade -Instituto Atlántico de Seguro- cambiará por completo a configuración do Padroado, órgano de goberno, representación e administración da Fundación.  María Consuelo Cameselle, directora de Comunicación e Relacións con Aseguradoras de Artai, ocupará o posto de vicepresidenta.

Antón Cobián Varela, presidente da Fundación durante seis anos, converterase no primeiro presidente honorífico aos seus 72 anos, mentres que Adolfo Campos Carballo seguirá á fronte da dirección da Fundación. Ata o de agora, o Padroado estaba presidido por Antón Cobián Varela, administrador e director técnico da correduría de seguros  ACV Cobián, Varela e Asociados. Forma parte do Padroado desde o nacemento da Fundación no ano 2009 e ocupa o posto de presidente desde o ano 2013.

Na Secretaría queda José Manuel Busto Lago, catedrático en Dereito Civil da Universidade da Coruña e José Ramón Pérez Crujeiras, xerente de  Riescontrol  Correduría de Seguros S.L, Ana Alonso Alonso,  vicedirectora xeral de  Citic Censa e Adolfo Campos Carballo serán vogais do Padroado. Este último ocupará tamén a figura de director, cargo que ostenta desde a creación da Fundación no ano 2009.





Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)