Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A suba do prezo do petróleo e o coronavirus aumentan a incerteza económica en España



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE FEBREIRO DE 2020 · (0)



O Índice IESE de Incerteza Económica (I3E) medra en xaneiro, rachando a tendencia á baixa dos últimos meses. Ademais se agarda que os seus efectos se prolonguen ao longo do mes de febreiro.


Por compoñentes, a incerteza sobre a bolsa española subiu 12 puntos ata situarse nos 83 puntos, mentres que a incerteza sobre o mercado de divisas apenas subiu un punto ata situarse nos 45 puntos. A incerteza sobre o petróleo aumentou en 23 puntos ata os 90 debido fundamentalmente ás tensións entre Estados Unidos e Irán. Pola súa banda, a incerteza sobre a débeda española subiu dous puntos ata os 78.

Como comenta Miguel Ángel Ariño, profesor do IESE e responsable do Índice de Incerteza Económica, “moi posiblemente a incerteza económica subirá notablemente en febreiro polo impacto da epidemia chinesa na actividade económica. As actuacións do novo goberno en España non están afectando á ncerteza económica”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)