Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Manuel Baltar cumpre oito anos ao fronte da Deputación de Ourense



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE FEBREIRO DE 2020 · (0)



O presidente da Deputación de Ourense asegura que a xestión económica, a transparencia, e o impulso das fortalezas da provincia foron os principais intereses da súa xestión nestes oito anos á fronte da institución, que se cumpren hoxe, 6 de febreiro.


Un balance no que destaca o termalismo, a proxección internacional do territorio, a cultura identitaria, a innovación na xestión e a promoción turística de Ourense. Aspectos especialmente salientables desta etapa da Presidencia de Manuel Baltar, na que sobresae o feito de ter acadado a “débeda cero” da institución e unha cifra histórica de investimento na cooperación cos concellos: 120 millóns de euros.

Tamén destaca a planificación, cos plans Ourense 92, Ourense 15-19 e Ourense 7273, así como a instauración do Debate sobre o Estado da Provincia, salientando, asemade, a importancia que supón situar a Deputación de Ourense como líder nacional en transparencia, e destacando no ámbito das infraestruturas os accesos ao CHUOU, os canón de innivación en Manzaneda e o proxecto do Parque Acuático de Pereiro de Aguiar. 

Pero o máis destacable para o presidente ourensán é o Centro Galego de Innovación na FP, porque será o centro de referencia da FP en Galicia, favorecerá o desenvolvemento industrial e a incorporación de novas tecnoloxías “contando co empresariado como eixo principal para desenvolver unha FP dual que abranga as necesidades sectoriais do ámbito empresarial, tendo en conta tamén á universidade para desenvolver conxuntamente proxectos de investigación", afirma Baltar, salientando que o centro será "un nodo de innovación, lanzadeiras de emprendemento e tecnoloxía: o gran centro de innovación na FP da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal".

Traballo transversal

Baltar afirma que estes oito anos teñen significado “un traballo transversal nos ámbitos de actividade que máis importan a Ourense, pero cada un deles unido á idea fundamental de modernizar a provincia e incrementar a súa competitividade, innovando en sectores estratéxicos como: termalismo, turismo, cultura, deporte, internacionalización e potenciación da “marca Ourense”.

O presidente do goberno provincial afirma que a base de todo iso está nas ideas e na realidade que permite levalas a cabo: os orzamentos. E neste sentido, destaca que a Deputación de Ourense foi a primeira administración pública de España en aprobar os seus presupostos –no mes de setembro- “o que permite a máxima previsibilidade e planificación, para comezar cada ano, a partires do 1 de xaneiro, a desenvolver o noso traballo económico. Iso danos un plus de practicidade e efectividade que permite axilizar os trámites na xestión, algo que agradecen moito os concellos”, explica Baltar.

Proxecto “Provincia Intelixente”

Este proxecto ten permitido distinguir a provincia de Ourense como referente na innovación en turismo e emprego tecnolóxico. Un exemplo é o Centro de Intelixencia Artificial de Ourense, en Finca Sevilla, unha infraestrutura que converterá a esta contorna nun polo de innovación, ao carón do que será o futuro Centro Galego de Innovación na FP e a poucos quilómetros da Tecnópole.

Outra das singularidades destes oito anos de goberno é o termalismo. A posta en marcha, entre Deputación e Xunta de Galicia, do plan Ourense, a provincia termal “significou un pulo fundamental para desenvolver novas infraestruturas, servizos e promoción termal na nosa provincia”, afirma Baltar. Neste sentido o termalismo ligado ao deporte é unhas das importantes novidades incorporadas, coa posta en marcha do CERLAC, o centro de adestramento de remo e piragüismo de Laias, Arnoia e Castrelo de Miño, coa presenza de seleccións nacionais de diferentes países que veñen a Ourense a preparar campionatos do mundo e olimpíadas. Precisamente, estes días están realizando os seus períodos de adestramento as seleccións de Alemaña, Bielorrusia e a británica paralímpica, e mañá incorpórase a de Ucraína.

A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Unesco, a alianza con La Vuelta a España ou a visibilidade que ten acadado a provincia no ámbito internacional son outros aspectos que destaca o presidente provincial da súa xestións estes anos. 

Cultura e identidade

Unha promoción que, no ámbito da cultura, tivo dous eventos que marcaron un antes e un despois: a exposición In tempore sueborum –a de máis éxito na historia de Ourense– e o que supuxo de pulo identitario para a provincia o feito de poder exhibir no edificio do Pazo Provincial o cadro de Castelao A derradeira leición do mestre, obra icónica do galeguismo.

Para distinguir "a nosa razón de sermos ourensáns e galegos" institucionalizouse a obra de Manuel de Dios Ourense no solpor como Himno Oficial da Provincia, e puxéronse en marcha os Premios Ourensanía. A Ourense ICC Week, a semana das industrias culturais e creativas, ou o Ourense Film Festival (OUFF), son outros dos grandes fitos destes anos e a "folla de ruta que nos marcamos e pola que traballamos para seguir engrandecendo o noso territorio ourensán".



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)