Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 17º Ribeira Sacra, finalista nos Iberian Festival Awards



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE FEBREIRO DE 2020 · (0)



Con só tres edicións ás súas o festival conta xa cunha segunda nominación como finalista na categoría de Mellor Festival de Pequeno Formato nuns premios que recoñecen os mellores certames de España e Portugal en diferentes áreas: dende a súa capacidade ata a contribución de sostibilidade, mellor directo ou actuacións de marca.


A gala terá lugar no Grande Auditório FIL de Lisboa o 14 de marzo, día no que se dará a coñecer ao gañador definitivo de cada categoría, que serán elixidos pola organización e o xurado de expertos, que xa se poden consultar a través da web do Talkfest International Music Festivals Forum.

Música, viño, gastronomía e patrimonio. Estes son os catro eixos dun festival que regresa en 2020 para propoñer unha experiencia única ao redor da música en directo e da cultura do viño nunha zona de excelencia vitivinícola. E todo iso, amparado polo patrimonio natural e cultural da Ribeira Sacra.

Localizado en escenarios singulares do municipio de Sober durante o día, feito que propicia a exclusividade da cita, o festival completará de novo o seu cartel con concertos nocturnos en Monforte de Lemos orientados ao gran público, e programará tamén actividades gastronómicas e encontros exclusivos relacionados coa cultura do viño e coa paisaxe que moi pronto se darán a coñecer. O 17º Ribeira Sacra Festival é a cita perfecta non só para os que xa son coñecedores do encanto da zona, senón tamén para todas aquelas persoas que aínda non tiveron a oportunidade de deixarse fascinar por un dos segredos mellor gardados da paisaxe galega.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)