Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os ‘ecoperegrinos’ reciclaron en 2019 un 7,5% máis nos tramos galegos do Camiño



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE FEBREIRO DE 2020 · (0)



A iniciativa Camiño da Reciclaxe, posta en marcha por Ecoembes e a Xunta, busca protexer a contorna pola que transcorre a Ruta Xacobea ao seu paso por Galicia. 222 albergues galegos foron equipados con ferramentas e puntos de reciclaxe para depositar envases nos camiños francés, inglés, do norte e portu


As incomparables paraxes do Camiño de Santiago en Galicia seguen sendo un dos principais atractivos para os visitantes que emprenden a Ruta Xacobea. Sen dúbida, unha contorna que cada vez é máis importante protexer. Para contribuír con esta misión, Ecoembes –a organización medioambiental sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe de envases en España–, e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo puxeron en marcha durante o pasado verán unha nova edición de Camiño da Reciclaxe, un proxecto ambiental que busca que os miles de peregrinos que anualmente percorren o Camiño de Santiago poidan separar e reciclar os distintos residuos de envases que van xerando durante cada etapa e loitar contra la basuraleza (residuos xerados polo ser humano e abandonados na natureza).

Entre os meses de xuño e outubro de 2019, e grazas á colaboración dos peregrinos e hospitaleiros, lográronse reciclar case 157 toneladas de envases só en Galicia, o que supón un 7,5% máis que no mesmo período do ano anterior. Concretamente, depositáronse 44.460 quilogramos no contedor amarelo –destinado aos envases de plástico, latas e briks– e 112.422 quilogramos no azul –reservado aos envases de papel e cartón–.

“Non nos cansamos de dicir que reciclar é o Camiño e estes datos amosan que os peregrinos e os hospitaleiros están cada vez máis comprometidos. Por iso, queremos volver a darlles as grazas polo seu compromiso, por axudarnos a coidar desta contorna tan emblemática a través da reciclaxe e por seguir combatindo a basuraleza”, asegura a directora de Comunicación de Ecoembes, Nieves Rey.

Precisamente para erradicar o abandono de residuos en espazos naturais, ao que fai referencia Nieves Rey, repartíronse entre os albergues participantes no proxecto máis de 66.600 bolsas reutilizables de PET reciclado, unha ferramienta para axudar a que os peregrinos poidan gardar os residuos que xeren en cada etapa evitando así a basuraleza e facilitando a posterior recollida selectiva á chegada ao albergue.

Novidades de 2019

Unha das principais novidades da pasada edición do Camiño da Reciclaxe foi a Compostela do EcoPeregrino”, cuxo obxectivo foi dar visibilidade ao compromiso dos ecoperegrinos coa reciclaxe e o coidado do medio ambiente. Deste modo, animábaseaos camiñantes a subir a Twitter ou Instagram unha foto da súa “Compostela do EcoPeregrino” con tres selos (que poidían obter nos albergues participantes no proxecto) durante os meses de xuño a outubro co hashtag #EcoPeregrino. Ese pequeno xesto –símbolo do seu compromiso ambiental– tiña recompensa: por cada Compostela firmada plantariase unha árbore autóctona nunha zona de Galicia.

A outra primicia da pasada edición veu da man da innovación, un dos piares esenciais para Ecoembes, e que se converteu nunha ferramenta clave para que a reciclaxe siga avanzando en España. De cara a que tamén se integrase e formase parte do Camiño da Reciclaxe, sumouse un compañeiro de camiño moi especial: AIR-e peregrino, Un bot da reciclaxe, activo na web Camiño da Reciclaxe, que axudaba aos ecoperegrinos a resolver as dúbidas ao redor da reciclaxe que lles puidesen xurdir durante a súa viaxe.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)