Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Festival da Luz anuncia nova edición tras repartir unha colleita duns de 120.000 euros a causas solidarias



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE FEBREIRO DE 2020 · (0)



A recadación obtida na oitava edición reparte ás asociacións Anxiños e Asanog 58.609 euros a cada unha, e doa 3.000 euros ás asociacións Santiaguiños, Club de Fútbol e Club de Atletismo de Boimorto. A próxima edición terá lugar do 11 ao 13 de setembro e as entradas están xa dispoñibles na web do


A anfitriona do festival, Luz Casal, fixo entrega dos fondos recadados na pasada edición durante un acto celebrado onte na Coruña, no que as asociacións beneficiadas destacaron o importante labor do Festival da Luz á hora de apoiar e dar visibilidade ás causas solidarias. A Asociación Anxiños, que conta cunha casa na Baña para axudar á recuperación e integración de nenos e adolescentes con trastornos mentais graves, destinará os fondos á contratación de persoal profesional de atención de forma continuada. Asanog, pola súa banda, contribúe en Galicia ao mellor estado dos nenos oncolóxicos e do seus familiares, e empregará os recursos no programa psicosocial co fin de garantir que todos os mozos con cancro desta comunidade autónoma dispoñan da mellor calidade de vida posible durante todas as fases da enfermidade.

O compromiso solidario do Festival da Luz estenderase tamén en 2020, xa que se vén de anunciar que a nueva colleita terá lugar do 11 ao 13 de setembro, e de novo destinará a recadación a accións solidarias do territorio galego. Ademais, nesta novena edición e por primeira vez se habilitará unha fila 0 para todos aqueles asistentes que queiran colaborar coas causas solidarias máis alá de adquirir a entrada para o festival.

Continuando o espírito do festival, apostarase por unha variada programación de actividades para todos os públicos, como a zona infantil, o espazo gastronómico, o mercado de artesanía, a carreira popular e máis novidades que se irán desvelando a medida que se aproxime a cita. Ademais, como parte do compromiso do festival por preservar o patrimonio natural que o envolve, este ano se emprenderán novas medidas máis sostibles que permitan minimizar o impacto medioambiental na zona. Neste sentido, cómpre destacar que, en colaboración coa Asociación Galicia Ambiental, a organización puxo en marcha un proxecto de reforestación en Chandebrito, que permitirá plantar con especies autóctonas unha das zonas máis afectadas polos lumes acaecidos en 2017. As entradas solidarias xa están dispoñibles na web do Festival da Luz (www.festivaldelaluz.es) e proximamente poderanse adquirir en puntos de venda físicos habituais. Os abonos terán un prezo de 15 euros, as entradas de día 10 euros e o camping un prezo único de 3 euros.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)