Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Boom do patinete eléctrico en España



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE FEBREIRO DE 2020 · (0)



A demanda destes vehículos medra un 1021% entre xaneiro de 2019 e o pasado mes, mentres o seu prezo medio baixou un 0,53% nese tempo. Ademais, o negocio do aluguer dos patinetes se estendeu como a pólvora en moi puoco tempo e empezaron a proliferar un gran número de empresas adicadas a este negocio.


Os patinetes eléctricos forman parte da paisaxe urbana de moitas cidades españolas. A comodidade, o seu baixo custo e a sostibilidade son as principais razóns polas que os usuarios escollen este tipo de transporte no seu día a día. A pesar da proliferación de empresas de aluguer destes vehículos, segundo datos de idealo.es, está sendo cada vez máis habitual que os cidadáns adquiran o vehículo para o seu uso persoal. A pesar da suba da demanda, o prezo medio dos patinetes baixou pouco no último ano e, segundo revelan os datos do comparador, se mantén ao redor dos 308 euros, aproximadamente.

A chegada dos vehículos de mobilidade persoal (VMP) produciuse de forma moi repentina polo que as cidades non dispuxeron do tempo suficiente para organizar o espazo urbano e acollelos. De feito, actualmente estes vehículos están presentes nas calzadas, estradas e incluso beirarrúas, o que ocasionou un número considerable de accidentes de tráfico. É por iso que a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) fixo pública este mes unha normativa regulatoria transitoria na que establece unha serie de regras dirixidas tanto aos usuarios destes vehículos, aos concellos e aos axentes da autoridade.

Segundo define esta instrución, os VMP son vehículos dunha ou máis rodas dunha única praza e con motor eléctrico propulsado tan só por motores eléctricos que poden dotar ao vehículo dunha velocidade máxima por deseño comprendida entre os 6 e os 25 quilómetros por hora, polo que en ningún caso se poderá superar ese límite de velocidade. Os usuarios de vehículos de mobilidade persoal teñen a obrigación de someterse ás probas de alcool e drogas. Da mesma maneira, estará sancionado o emprego do teléfono móbil ou conducir utilizando cascos ou aparellos auriculares.

É moi frecuente ver patinetes eléctricos nas beirarrúas, pois ben, a nova normativa deixa claro que teñen prohibida a circulación por elas e por zonas peonís. Tamén é recorrente ver como os usuarios se suben aos vehículos pola noite sen iluminación nin prendas ou elementos reflectantes. Agora esta conduta será sancionada e considerada condución neglixente.

“A aparición dos patinetes eléctricos foi moi beneficiosa para os habitantes das cidades, ao axilizar e facilitar os seus desprazamentos. Sen embargo, a regulación destes vehículos de mobilidade persoal vai permitir que tanto usuarios de VPM como viandantes poidan gozar das rúas con maior comodidade e seguridade”, explica Adrián Amorín, country manager de idealo.es.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)