Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Primeiro edificio de vivendas sostible de Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE FEBREIRO DE 2020 · (0)



O Residencial Augas Férreas, que constrúe Dmanán Vivienda en Lugo, foi rexistrado co certificado Breeam, e permitirá un aforro do consumo enerxético do 45%, dun 20% no de auga e dun 40% en emisións.


Trátase dunha das máis de 670 edificacións certificadas en España e o primeiro edificio de vivendas en altura rexistrado en Galicia que opta ao certificado Breeam. Así o destacou onte Javier Torralba, director de Breeam en España, na súa visita ao inmoble, onde estuvo acompañado polos socios fundadores de Dmanán Corporación, José Manuel Chousa Vázquez, Rubén Chousa Vázquez e Roberto López García, ademais de Juan Leira, asesor Breeam e encargado de verificar que o edificio situado na praza Augas Férreas de Lugo cumpre cos estándares de sostibilidade que esixe o organismo certificador.

Na visita fíxose un repaso dos beneficios que achega a construción sostible nun inmoble, amosando como unha edificación como esta proporciona maiores niveis de eficiencia, aforro, confort, saúde e benestar aos seus usuarios. Así o sinalou o director de Breeam en España, amosándose “moi orgulloso de acreditar o compromiso pola sostibilidade dunha empresa galega nas súas actuacións en Galicia, na liña das tendencias internacionais en materia de construción sostible”. Pola súa banda, José Manuel Chousa, presidente de Ingapan, aseguraba que “o noso compromiso é real e rotundo, xa que, se queremos ser e traballar como unha empresa referente, debemos dar exemplo e apostar por construír con responsabilidade”.

O acto contou coa presenza da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e do concelleiro de Urbanismo, Ángel Couto. Tras a visita, os representantes de Dmanán Vivienda e de Breeam España asinaron un convenio de colaboración na sede da promotora, que avala o compromiso da empresa lucense pola sostibilidade das súas promocións inmobiliarias.

Dmanán Vivienda promove o edificio Residencial Augas Férreas composto de 32 viviendas de un, dous e tres dormitorios, garaxes e rochos nunha urbanización privada. As cociñas estarán dotadas de encimeras de cuarzo e electrodomésticos de alta eficiencia enerxética: lavadora, secadora, lavalouza, combi, placa de indución, campá, forno e microondas en columna. No proceso de avaliación da sostibilidade de Augas Férreas tense en conta o cumprimento dos requisitos esixidos por Breeam en 10 categorías: xestión, materiais, transporte, residuos, auga, saúde e benestar, contaminación, enerxía, uso do solo e ecoloxía, e innovación.

Características claves

Así, os principais aspectos sostibles que destacan do edificio son, por unha banda, a composición da fachada, unha cara ventilada composta de fóra a dentro de Dekton, material de última xeración, cámara de aire, lámina impermeabilizante permeable ao vapor, oito centímetros de illamento de la de rocha e morteiro hidrófugo sobre ladrillo semimacizo trasdosado interiormente con cinco centímetros de la mineral. A carpintaría exterior é de aluminio con rotura de ponte térmico e triple vidrio e dobre cámara de argón, de perfilería sen metal con espuma estrutural pre-desecante. Conta además con cuberta de zinc con 12 centímetros de illamento de la de rocha.

Respecto á forma do edificio, proxectáronse amplas terrazas privadas e abucinamentos en fachada para o mellor aproveitamento da iluminación natural. O impacto ecolóxico do solar será mitigado mediante un axardinamento de plantas autóctonas. Co fin de evitar desprazamentos, o Residencial Augas Férreas dispuxo de espazos de traballo tanto nas vivendas como en zonas comunitarias. Ademais, contará con aparcabicis exteriores e en garaxe, así como puntos de recarga eléctrica en cada praza de garaxe para potenciar modos alternativos de transporte. As vivendas terán calefacción individualizada por solo radiante con regulación de control de temperatura por estancias, caldeiras de gas de baixa emisión de NOx e ACS centralizada mediante paneis solares. Así mesmo, haberá intercambiadores de recuperación de calor en cada vivenda cun rendemento do 80%, iluminación led exterior e interior, e grifería e sanitarios de baixo consumo. Pola súa banda, os ascensores disporán dun sistema de recuperación de enerxía cinética e modo de espera en períodos de baixa demanda. Finalmente, outra das vantaxes deste edificio é a súa ubicación, debido á proximidade de redes de transporte público e de servizos locais.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)