Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Wetaca xa está na Coruña



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE FEBREIRO DE 2020 · (0)



Os galegos Efrén Álvarez e Andrés Casal, fundadores desta empresa de servizo online de tápers a domicilio en España, proseguen éxitos e expansión operando desde esta semana con servizo de repartición propia na cidade galega. Ofrecen cociña tradicional, con sabor, traballada por chefs sen engadidos artificiais e a bo prezo.


“Esta apertura na terra que nos viu crecer é moi importante para nós, os coruñeses pedíronnolo e xa estamos aquí, cun servizo máis económico grazas a un equipo propio de repartición. Esperamos que ás máis de 400 persoas que xa gozaron de Wetaca na Coruña únanse moitas máis a partir de agora” afirma Casal. Teñen unha carta nova semanalmente de máis de 40 pratos elaborados con asesoramento dunha nutricionista propia.

Efrén Álvarez destaca que “sen engadidos artificiais, os pratos consérvanse perfectamente durante 7 días na neveira para que en só 3 minutos de micro estean tan bos como recentemente feitos.” É ademais unha proposta a prezo razoable.

Aínda que xa ofrecían en toda a Península a través dun servizo de transporte refrixerado, a chegada a Coruña supón unha importante redución dos gastos de envío e mellor calidade no servizo. Nas cociñas, situadas en Madrid cociñáronse máis de 1 millón de tápers e 32.000 persoas encargaronos seus pratos. Na súa carta pódense escoller entre 22 únicos, 4 entrantes, 4 principais, 4 guarnicións e 4 sobremesas diferentes cada semana. Raxo, zorza, pescada á galega ou  lacón con patacas e pemento forman parte da oferta.

Como funciona

Só hai que dedicar uns minutos na web a elixir os pratos da semana que queiran e terminar o seu pedido elixindo o día da semana no que chegará. Comprométense a entregarche o pedido o día elixido nunha franxa horaria dunha hora e media. Naceron en 2014 e non fan senón sumar boas críticas e clientes polo que van seguir estendendo o seu servizo por toda a xeografía española coa apertura en nove cidades máis nos próximos meses.

Gañaron o concurso de startups Seedrocket XV Edición e teñen no seu accionariado ao fondo Cabiedes & Partners e a Bewater Funds.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)