Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 61% dos ‘millennials’ está disposto a pagar máis por produtos sostibles e ecolóxicos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE FEBREIRO DE 2020 · (0)



O perfil do comprador sostible é un cidadán cívico, crítico e responsable das súas accións, que avoga pola colectividade en lugar do individualismo. A emerxencia climática, a brecha social ou a transformación tecnolóxica son tres dos grandes desafíos que máis preocupan á cidadanía.


O cambio nos hábitos de consumo e a aposta pola economía circular están redeseñando as regras do xogo na toma de decisións dos consumidores. As xeracións máis novas son as máis comprometidas coa ecoloxía e o medio ambiente. Segundo recolle o estudo GlobalWebindex, seis de cada dez millennials (22-35 anos) están dispostos a pagar un ticket maior por produtos ecolóxicos e sostibles, seguidos polo 58% da xeración Z (16-21) e o 55% da xeración X (36-54). Case a metade (46%) dos baby boomers (55-64), serían favorables a incrementar o gasto por produtos más ecofriendly.

Dentro dunha tendencia global, os consumidores síntense máis comprometidos co planeta, o que á súa vez repercute na responsabilidade das marcas para atender as necesidades dos clientes: uns ciudadáns empoderados e conscientes do impacto que teñen os seus hábitos e consumos en relación co medio ambiente e a sostibilidade. O perfil dos novos consumidores caracterízase por ser cívico, con pensamento crítico, coherente cos seus pensamentos e responsable dos seus actos, comprometido co medio que lle rodea, e busca a colectividade fronte ao individualismo.

O novo consumidor compra aquelo que necesita, mira as etiquetas dos produtos, infórmase pola orixe e a composición, reutiliza sempre que pode e ten especial sensibilidade polo comercio de proximidade, afirma Magaly Pérez, senior account manager de Webloyalty, compañía adicada á xeración de ingresos adicionais para ecommerce. “Máis alá da reciclaxe a tendencia xira ao redor da economía circular, un cambio na forma de producir e consumir para dar máis vidas aos produtos”.

A emerxencia climática, a brecha social ou a transformación tecnolóxica son tres dos grandes desafíos que máis preocupan á cidadanía. E é que entender as esixencias dos novos consumidores é o reto máis importante ao que se enfrontan tres de cada catro profesionais de marketing, segundo o III Estudo Marcas con Valores: "O poder do consumidor-cidadán”.

Economía circular

O impacto de Fridays for Future e do coñecido como “efecto Greta” calou na poboación española. Uns movementos que avogan pola economía circular onde os produtos e servizos teñen varios usos e prima un consumo máis responsable dos recursos. Neste sentido, xorden outras iniciativas sociais como “Zero Waste”, cuxo principal foco é reducir e reutilizar. Produtos de tela como bolsas para a compra, botellas de aceiro inoxidable, cepillos de bambú para lavar os dentes ou a copa menstrual para a hixiene íntima son algúns dos produtos estrela deste movemento.

“A economía circular é máis necesaria que nunca nun momento no que os científicos encenderon todas as alarmas ante unha crise ambiental sen precedentes cun consumo masivo de recursos, un aumento das temperaturas globais e un gran número de especies ao borde da extinción”, conclúe Magaly.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)