Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Baixo control



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE FEBREIRO DE 2020 · (0)



A plataforma "Profesionais pola Seguridade no Transporte" dá os seus primeiros pasos. Formada polos sindicatos de pilotos SEPLA, a USCA de controladores aéreos, SEMAF de maquinistas ferroviarios e COMME, de mariños mercantes, impulsará iniciativas de todos para buscar solucións comúns neste campo.


Ofrecen colaboración ao Ministerio de Transportes para servir de interlocutor cunha carta ao Ministro Ábalos. “O transporte é o motor da economía de España, é vital afrontar o seu desenvolvemento lexislativo desde unha perspectiva común a todos os profesionais que traballamos nel”, dí o presidente de Sepla, Óscar Sanguino.

“Os controladores aéreos vemos fundamental incidir no concepto de cultura xusta. Soamente reportando os erros sen temor a sancións produciranse melloras no campo da seguridade”, afirma Pedro Gragera, presidente de USCA; mentres o presidente de COMME, Jorge Parada, destaca que “é necesario avanzar no desenvolvemento de instrumentos normativos e técnicos que melloren a seguridade”. “Todos os medios de transporte asíntanse sobre os mesmos pilares, polo que os nosos obxectivos son comúns e o noso traballo comparte moitas liñas de actuación” engade tamén Juan Jesús García Fraile, Secretario Xeral de SEMAF.

A unificación nunha soa das tres comisións existentes ata a data era indispensable, aseguran, para asegurar unha mellor dotación de recursos e un novo avance cara á tan desexada independencia desta comisión.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)