Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Nueva Pescanova celebra a botadura do terceiro buque da súa nova flota



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE MARZO DE 2020 · (0)



Tras o Lalandii 1 e o Ponta Matirre, que xa faenan en Namibia e Mozambique respectivamente, o NovaNam One é o seguinte da lista dos novos sete barcos está renovando a súa flota e adicarase á pesca da pescada para a filial do grupo en Namibia, cara onde partirá a mediados de ano.


Construído nos estaleiros de Armón en Vigo, o NovaNam One é o segundo dos tres fresqueiros de 50 metros de eslora que se están a construír para a pesca de pescada na filial do Grupo Nueva Pescanova no país africano, da que precisamente provén o seu nome. O novo buque conta con equipos de última xeración e, entre outros aspectos, destacan os seus motores de alta eficiencia enerxética, que permiten un alto rendemento, diminuíndo consumos e emisións, así como melloras no sistema de procesado a bordo e un maior confort para as tripulacións.

A renovación da flota da compañía supón un investimento total de 42,5 millóns de euros, ois grande que se fixo en España ata o momento por unha empresa do sector pesqueiro, e está a xerar 200 empregos na rexión. Desta forma, a compañía afianza o seu compromiso de crear emprego local en todos os países nos que opera, así como o de contribuír ao desenvolvemento económico e social das súas comunidades.

A entrega do NovaNam One está prevista para mediados de ano, cando se unirá á flota de 70 barcos que faenan no hemisferio sur.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)