Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A Xunta activa medidas extraordinarias polo coronavirus



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE MARZO DE 2020 · (0)



Suspender as clases en todos os niveis educativos a partir do luns é unha das medidas que vén de anunciar o presidente da Xunta de Galicia, que estuda opcións de teletraballo para os funcionarios, pecha todos os centros sociocomunitarios e limita as concentracións.


Mañá os centros estarán abertos pero a asistencia é optativa, pero desde o luns os centros estarán pechados en todos os niveis educativos. En Galicia hai 35 casos confirmados e outros 28 pendentes. No estado a cifrá de falecidos por coronavirus elévase a 84 e hai case 3.000 persoas contaxiadas.

A incidencia do coronavirus é de 2,3 por 100.000 habitantes, "a metade da rexistrada no resto de España", asegurou o presidente da Xunta, o que non evita "tomar todas las medidas de prevención necesarias", asegurou. "Calquera decisión que pensemos que é boa para os cidadás a adoptaremos", dixo Alberto Núñez Feijóo, quen fixo unha chamada á calma pero tamén pediu prudencia.

O presidente da Xunta de Galicia compareceu hai uns minutos para dar conta das medidas acordadas e tamén dos pasos que prevé dar o Goberno galego nas próximas horas en relación ao tema do coronavirus, entre elas a convocatoria electoral.

Segundo o presidente da Xunta, o máis recomendable é suspender as eleccións autonómicas do próximo 5 de abril. "As eleccións son absolutamente secundarias. O único que nos importa é a saúde pública en Galicia", asegurou antes de anunciar que o Partido Popular  suspende todos os actos de precampaña e pediralle ao resto de agrupacións que se sumen á medida.  

A partir de mañá, venres, permanecerá pechados todos os centros sociocomuntarios e pídese que calquera actividade deportiva sexa "a porta pechada e se é posible que se suspenda". Tamén asegurou o presidente da Xunta que se limitará a capacidade en espazos pechados.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)