Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Dez consellos para deseñar unha contorna de traballo eficiente e cómoda



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE MARZO DE 2020 · (0)



Entre outras recomendacións, Actiu, empresa espacializada na creación de espazos de traballo, aconsella buscar un sitio afastado de distraccións, contar cunha boa iluminación tanto natural como artificial e procurarse un mobiliario ergonómico e versátil.


1.- Buscar o lugar idóneo. Con indiferenza do horario no que se vaia desenvolver o labor profesional, é preferible que o espazo escollido estea lonxe de televisores e zonas de tránsito, para evitar distraccións e interrupcións.

2.- Ter en conta o nivel de luz natural e procurarse unha boa fonte de luz artificial. A luz é un elemento fundamental de produtividade e satisfacción laboral. Coidar deste aspecto potencia o benestar, aumenta a creatividade e facilita o desenvolvemento das tarefas de forma máis áxil e eficaz.

3.- Mobiliario ergonómico e versátil. Unha boa mesa e unha silla operativa son imprescindibles. No caso da mesa, ademais das dimensións correctas en función do traballo que se vaia realizar, é importante que coente con aperturas para o paso de cables. Poden ser elevables, unha tendencia do momento, para poder alternar o traballo sentado e de pé, xerando unha boa capacidade de movemento. Tamén abatibles e facilmente desprazables. En canto á silla, debe ter un deseño que se adapte ás necesidades posturais e fisiolóxicas do corpo humano, xa que é conveniente que calquera posto de traballo no fogar manteña as mesmas garantías de ergonomía, benestar e funcionalidade que nas oficinas.

4.- Almacenaxe de documentos. O orde é fundamental para os espazos de teletraballo. A incorporación de elementos que permitan a custodia e clasificación do material de forma sinxela e invisible é un elemento clave en todos as contornas home office.

5.- Solucións para reunións por videoconferencia e traballo colaborativo. A tendencia é a utilización de mesas con formas orgánicas que faciliten as videoconferencias e a comunicación en caso de visita. Así mesmo, é conveniente dispoñer dunha plataforma na nube para poder traballar en contornas dixitais de colaboración que posibiliten xestionar os recursos en remoto sen necesidade do presentismo.

6.- Creación dun pequeno espazo de lectura e relax. É o denominado softseating, para conseguir unha contorna de paz e cambiar a nosa mente, xa que se ten comprobado que as persoas son máis produtivas e imaxinativas se incorporan momentos de relax na súa actividade laboral. É imprescindible facer un uso tamén adecuado da color, a través de tonos que incorporen propiedades saudables e engadan confort. Mentres tonos como o verde, o azul e o amarelo fomentan o benestar e a creatividade, o uso de colores vivas, como o vermello ou o laranxa debe facerse con prudencia, sobre elementos puntuais que se quera destacar.

7.- Separar o espazo do resto do fogar. Ben por unha porta ou utilizando paneis fonoabsorbentes que consigan illar esta área de traballo e favorecer a concentración, incluso cando se produza en momentos espontáneos de bullicio no fogar familiar.

8.- Compromiso co medioambiente. O home office debe preocuparse na medida do posible polo planeta. Por iso, é conveniente incorporar materiais que sexan reciclables, evitar plásticos e conseguir que todo o material utilizado poida ser depositado nos contedores correctos para a súa eliminación do fogar de maneira eficaz. Así mesmo, se deben incorporar luces led para evitar consumos eléctricos desmesurados e apagar todos os equipos para evitar gastar enerxía de maneira innecesaria cuando non esteamos no noso home office.

9.- Libre de formaldehídos. A saúde é importante e especialmente no fogar. No deseño dos novos espazos de traballo en casa, a utilización de materiais libres de formaldehídos é unha tendencia clara e posible. É un composto químico que aumenta o risco de padecer certas enfermidades. Hai por tanto que conseguir unha contorna reducida en formaldehídos para promover non só a produtividade, senón o benestar.

10.- Non perder a relación cos compañeiros. Fomentar a relación entre empregados debe ser unha máxima e por iso, a incorporación de ferramentas de relación é algo fundamental. A tendencia é a creación de formatos de videoconferencia entre compañeiros, xa que é unha maneira de evitar a soidade, potenciando desta maneira a interrelación e a felicidade.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)