Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Como limpar os nosos móbiles en condicións



REDACCIÓN · PUBLICADO O 17 DE MARZO DE 2020 · (0)



Compañeiros indispensábeis, nestes días cómpre extremar a limpeza para evitar contaxios da COVID-19 con algo que levamos constantemente á cara e ás mans.


WIKO fixo un resume con consellos, unhas sinxelas pautas importantes no día a día importantes sobre todo para as persoas que teñen que saír da casa e o deixan en diferentes superficies.

- Utiliza auriculares para realizar ou recibir chamadas e gravar ou escoitar audios de  WhatsApp. Evitarás que o teléfono estea en contacto directo coa cara e con outras partes do corpo polas que o virus se propaga con maior facilidade, como son o nariz, a boca e mans.

- Non compartas o teu dispositivo con outros. Para mostrar contidos o máis aconsellable é que os  reenvíes por vía telemática para que o terminal non teña que pasar dunhas mans a outras.

- Opta por ulticonferencias organizadas desde o propio teléfono ou a través de plataformas como WhatsApp ou  kype cando teñas que manter unha conversa na que participen máis de dúas persoas.

- Non esquezas desinfectar as mans cada vez que deixes de utilizar o  smartphone. O teléfono está en constante contacto con superficies que poderían estar contaminadas. Por iso, é moi importante que cando termines de utilizalo, ben despois dunha chamada telefónica, mandar unha mensaxe ou calquera outra acción, laves as mans.  Pero, ademais, é importante ter en conta que é unha ferramenta que de forma habitual repousa en distintas superficies expostas a microbios e bacterias. Aquí van consellos de hixiene:

1- Asegúrache de que non estea conectado a ningunha rede, fonte de alimentación ou cable, e apágao para comezar o proceso de limpeza.

2.- Prepara unha mestura de auga (50%) e alcol (50%) e introdúcea nunha botella con pulverizador.

3.- Utiliza un pano de tacto suave ou unha toallita de algodón desbotable para humedecelo lixeiramente coa solución.

4 - Pásao pola superficie completa de teléfono. Ten coidado e non fregues con forza. 
5.- Cun segundo pano suave e evitando toallas ou outros materiais téxtiles que poidan xerar residuos, seca con coidado.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)