Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Coettga reivindica a importancia das telecomunicacións no estado de alarma



REDACCIÓN · PUBLICADO O 18 DE MARZO DE 2020 · (0)



O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións de Galicia destaca que sen ellas sería imposible cumprir co illamento decretado polo Goberno, e afirma que a demanda de equipos e redes para teletraballar aumentou un 35% nestes días.


Neste sentido, salienta a importancia dos “telecos” durante o illamento polo coronavirus, xa que “a conectividade que prestan as telecomunicacións é tan importante como a electricidade, o gas ou a auga corrente, posto que a información xa adquiriu o rango de servizo básico”, segundo afirma o decano do Coettga, José M. Martínez.

Durante esta última semana as compras de dispositivos portátiles, ordenadores, móbiles ou taboletas se dispararon, aumentando ata un 35%. Igualmente, incrementáronse exponencialmente as descargas ou adquisicións de programas de software de escritorio remoto como o popular TimeViewer ou semellantes ofrecidos por Google, Microsoft ou Oracle. Skype cuadruplicou as súas descargas.

O colexio lembra que as telecomunicacións e o teletraballo están contribuíndo enormemente a frear a sangría do desemprego, e por conseguinte a que a o sistema económico global quebre. “De non ser polos graduados e enxeñeiros técnicos de Telecomunicacións e todo o traballo, avances e investigacións que levamos feito nas últimas décadas, as consecuencias desta pandemia global xa terían provocado unha catastrófica ruptura económica a nivel mundial e dos sistemas tal e como os coñecemos”, di Martínez. Ao que engade “todo isto ten unha importante lectura positiva na nosa comunidade autónoma, xa que nos empurra (ainda que teña que ser desta maneira) a implementar e integrar novas formas de traballo moito máis eficientes e competitivas nas empresas, que unha vez superado este estado de alerta, deberíamos seguir empregando”.

O Coettga tamén sinala que máis de 150.000 persoas sufriron a vaga de expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) nos primeiros días do illamento pola COVID-19 e que, de non ser pola opción laboral telemática, serían moitos máis. No mellor dos casos, segundo explica, estes traballadores veríanse obrigados a ter que coller vacacións forzosas, e no peor, centos de milleiros de empregados ao paro, co conseguinte impacto socioeconómico.

En canto ás pemes ou autómonos, o colexio expón que non requiren de máis adaptación que o aumento do ancho de banda, que tamén rexistrou un importante aumento. Así como as VPN (rede privada virtual) que demandan cada vez máis empresas para potenciar a ciberseguridade nunha contorna de traballo completamente dixital.

Ciberseguridade

O uso destas redes privadas, segundo explica o Coettga, consiste en crear unha pasarela ou túnel pola que a información transita cifrada dende o equipo do usuario ata o servidor da empresa. Por iso mesmo, no tocante a ciberseguridade, as empresas están a extremar as precaucións solicitando medidas adicionais como o recoñecemento biométrico ou patróns de conducta que estudia a intelixencia artificial.

Neste sentido, destaca a importancia do BigData, a Intelixencia Artificial (AI) ou o Internet das Cousas (ioT), en canto que demostran a capacidade das novas tecnoloxías para favorecer e facer posible a detección precoz das alertas, o intercambio de datos, a análise da evolución da enfermidade, a mellora da resposta sanitaria e incluso o desenvolvemento de vacinas e menciñas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)