Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Dispárase o uso do móbil



REDACCIÓN · PUBLICADO O 20 DE MARZO DE 2020 · (0)



Unha análise da consultora Smartme Analytics detecta un aumento de case unha hora ao día na última semana, chegando xa ás tres horas e 24 minutos de media por persoa. A necesidade de comunicarse con familiares e amigos aumentou un 53% a utilización destes dispositivos para chamadas e para aplicacións de mensaxería instantánea e de video conferencia.


O teléfono móvil e as redes sociais son unha táboa de salvación para os millóns de españois confinados nos seus fogares polo estado de alarma decretado para frear a pandemia do coronavirus. Ademais de pola necesidade de comunicarse con familiares e amigos, o segundo factor que xustifica este incremento é o entretenemento. Así, o uso de xogos no móbil medrou lixeiramente, con casos como Clash of Clans, Township ou o Parchís, que tiveron un aumento no seu uso de ata un 60%, e tamén o das redes sociais, que subiu un 21%.

Xunto ao confinamento obrigado, o estado de alarma provocou o cese de moitas actividades e non poucas limitacións para moitos negocios, que o estudo tamén reflicte. É o caso de sectores como a moda, o retail e as viaxes, nos que o uso das app móbiles caeron en picado. A moda foi o sector máis castigado, cunha caída media do 22% no seu uso na canle móbil. De feito, algúns dos seus grandes protagonistas, como Zara ou Women’s Secret, sufriron caídas de máis do 50%, e outros grandes players como Vinted perderon tamén un 26%.

No caso das viaxes, o uso das súas aplicacións baixou case un 21%, situándoo como o segundo sector que máis uso perdeu durante esta semana, seguido polo retail que, pese aos excelentes resultados dos supermercados, como sector perdeu ata un 18% do seu uso.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)