Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O ERTE en Bosch Services Vigo afecta a 1.309 traballadores dun total de 1.549



REDACCIÓN · PUBLICADO O 23 DE MARZO DE 2020 · (0)



“Esixiremos á empresa que garanta o 100% dos salarios, facéndose cargo da diferenza entre as prestacións abonadas polo SEPE e o salario real do persoal”, afirma a Federación de Servizos de CCOO. A intención da empresa é levar a cabo este ERTE durante un prazo máximo de 6 meses.


Con data 19 de marzo notificou á representación sindicala súa intención de iniciar un Expediente de Regulación de Emprego Temporal coa finalización dos contratos existentes por ETT.

Na notificación realizada á RLT fundamenta a necesidade de levar a cabo o ERTE na srazóns obvias:as causas obxectivas organizativas e produtivas derivada da situación de alerta sanitaria decretada polo Goberno de España. "Desde a Federación de Servizos velaremos por que se dean todas as garantías laborais durante este proceso e esixiremos que a duración do ERTE anunciado non se prolongue máis aló da situación de alarma sanitaria existente no noso país". Tamén lle pide á empresa que se faga cargo da diferenza entre as prestacións abonadas polo SEPE e o salario real do persoal.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)