Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os nosos pulmóns verdes



REDACCIÓN · PUBLICADO O 23 DE MARZO DE 2020 · (0)



No actual marco de excepcionalidade global o selo certificador de madeira sostible PEFC lembra que cómpre celebrar o Día Internacional dos Bosques e o traballo de selvicultores, xestores e propietarios forestais en favor da biodiversidade. Este ano concedeu dos novos certificados en Galicia.


En canto á distribución de propietarios e xestores forestais certificados a Cordilleira Cantábrica acumula a maior parte deles pola gran fragmentación da propiedade forestal e a demanda da industria, atopándose en Galicia un total de 28.504, o maior número adherido ao sistema PEFC.

En España houbo un continuo do número de certificados ao longo destes anos. Como exemplo, os catro novos certificados concedidos só desde principio de ano: un en Asturias, dous en Galicia e outro en Andalucía. Son  36.875 os propietarios e xestores con esta xestión do sistema  PEFC, facendo posible que os montes españois superen xa as 2.300.000 hectáreas certificadas. O 68,3% responde a unha xestión pública e o 31,4% a titularidade privada. Desde 2016 ata hoxe a cifra de propietarios forestais certificados practicamente duplicouse, e desde comezos de 2019 adheríronse ao sistema 7.509 membros, só no que levamos de ano, 1.368. En canto á superficie certificada, no que vai de ano, sumáronse 27.400 hectáreas situadas, fundamentalmente, nas Comunidades Autónomas de Galicia, Navarra, Aragón e Euskadi.

Navarra superou recentemente as 300.00ha., é a Comunidade Autónoma con maior porcentaxe de área forestal certificada, alcanzando o 70% da súa superficie arborizada, séguenlle A Rioxa, que alcanza un 41%, e Castela e León cun 25,5%. Esta última é a que maior suma con máis de 751.000 ha.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)