Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Só o 20,5% dos ocupados pode teletraballar en Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 23 DE MARZO DE 2020 · (0)



A porcentaxe galega está case dous puntos porcentuais por debaixo da de España, onde só 4,4 millóns dos 19,7 millóns de persoas ocupadas que existen poden acollerse a este modo de traballar. A metade de todos os profesionais que teletraballan neste país son técnicos, e profesionais científicos e intelectuales.


A empresa de recursos humanos Randstad vén de analizar a situación real do teletraballo en España con motivo da evolución da COVID-19 e a recomendación das autoridades de permanecer nos fogares durante o maior tempo posible. Segundo destaca esta análise, en España, 4.405.320 persoas dispoñen da opción de teletraballo, o que supón só o 22,3% do total de poboación ocupada, que en 2019 ascendeu a 19.779.300 profesionais. Non obstante, esta porcentaxe varía notablemente segundo as distintas ocupacións.

Así, do total de profesionais que dispoñen da opción de teletraballo neste país, o 49,8% corresponde a técnicos, e profesionais científicos e intelectuais (2.194.300), seguidos con notable diferenza de contables, administrativos e outros empregados de oficina, que suman o 20% do total de persoas que poden optar a esta modalidad de traballo (890.930). No caso de perfís de dirección e xerencia (781.300), supoñen o 17,7% do total de profesionais que traballan e no caso de perfís técnicos e profesionales de apoio (472.980) o 10,7%.

Atendendo unicamente ao perfil profesional, o 100% de mandos directivos e xerentes dispón de opcións de teletraballo, mentres que no caso de técnicos e profesionais científicos e intelectuais a cifra é do 59,8%. No de contables administrativos e outros empregados de oficina a porcentaxe sería do 43,6%, mentres que os técnicos e profesionais de apoio sumarían un 22,3%.

Por territorios

Por comunidades autónomas, as que contan con maior número de traballadores con opción a teletraballo e están por riba da media nacional son a Comunidade de Madrid, co 28% do total dos seus traballadores, seguida de Cataluña co 25,1%, País Vascol (24,5%), Navarra (23%) e Asturias (22,4%). Por debaixo da media nacional figuran Cantabria (21,5%), Aragón (21,2%), Comunidade Valenciana (20,9%), Galicia (20,5%) e Baleares (20%), e xa con porcentaxes menores do 20% atópanse Castela e León (19,9%), A Rioxa (19,7%), Rexión de Murcia (19,3%), Canarias (19,2%), Andalucía (19%), Castela-A Mancha (18,2%) e Estremadura (17,5%).

Atendendo a totais, os profesionais de cada comunidade autónoma que poden optar ao teletraballo son 868.558 na Comunidade de Madrid, seguidos dos 863.719 en Cataluña, 592.719 en Andalucía, 437.093 na Comunidade Valenciana e os 228.965 no País Vasco. Séguenlles os 224.580 profesionais de Galicia, 197.051 en Castela e León, 174.025 en Canarias, 149.773 en Castela-A Mancha, 124.457 en Aragón e 118.210 en Murcia. Xa cos volumes máis moderados atópanse os 114.103 traballadores de Baleares, 86.537 en Asturias, 68.187 en Estremadura, 66.413 en Navarra, 52.532 en Cantabria e 27.763 na Rioxa.

Vantaxe ante a crise

“O teletraballo é sen dúbida unha opción moi positiva tanto para traballadores como para empregados. Ao profesional permítelle permite seguir levando a cabo a súa actividade laboral habitual mentres aforra tempo improdutivo que lle permite conciliar a súa vida persoal coa profesional e, á súa vez, a empresa contribúe á satisfacción do empregado, o que sen dúbida redunda nunha maior eficacia e, en consecuencia, en resultados de negocio máis positivos”, declara Valentín Bote, director de Randstad Research.

“Pero, sobre todo, contar con medidas de teletraballo e flexibilidade, dada a situación que estamos vivindo en relación á COVID-19 suporá unha vataxe competitiva e diferencial para facer fronte a esta crise, na que aquelas empresas que xa o tivesen implantado ou fosen quen de reaccionar a tempo, verán minimizado omenoscabo económico”, conclúe.

A maioría prefíreo

Unha análise de Randstad levada a cabo en 2019 revelaba que o 68,6% dos empregados españois quería teletraballar, pero non podían porque a súa empresa non o permite. De feito, o 57,5% dos ocupados consideraba que no seu emprego actual dispón de todo o necesario para poder teletraballar.

Por grupos de idade, os que máis solicitan este tipo de medidas son os empregados de entre 25 e 45 anos, en concreto o 78% deles. A continuación, sitúanse os traballadores menores de 25 anos (64%) e, por último, os maiores de 45 anos (58%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)