Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Expertos en telecomunicacións póñense ao servizo das administracións



REDACCIÓN · PUBLICADO O 25 DE MARZO DE 2020 · (0)



O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións de Galicia (Coettga) reuniu ao seu Comité de Expertos, un nutrido grupo de especialistas de todos os ámbitos exclusivos dos profesionais das telecomunicacións que prestarán o seu servizo e porán o seu coñecemento en diversas áreas.


Segundo explica o Coettga, estes expertos asesorarán ás administracións en temas como as redes de telecomunicacións, ciberseguridade, sistemas de telecomunicación, radioenlaces, microondas, intelixencia artificial, Internet das cousas, sistemas eléctricos, microcontroladores, sensorización, vixilancia remota, son e imaxe, acústica, Biga Data, Blockchain, drons ou inspección de telecomunicacións, entre outros.

Neste sentido, o Coettga lembra que esta entidade aglutina todo o coñecemento do sector, e que Galicia conta cos mellores gradudos e enxeñeiros técnicos de telecomunicacións e con empresas punteiras no sector das TIC e das telecomunicacións. “Temos as ferramentas, o coñecemento, e agora está ao servizo das administracións e da sociedade para implementar, garantir e supervisar as telecomunicacións en todos os ámbitos”, indica.

Santiago Moroño, experto en sistemas de telecomunicación, destaca ademais a capacidade destes profesionais para “realizar estudos de campo urxentes para coordinar o reforzo e garantir as telecomunicacións, que xogan un papel crítico”, polo que foi declarada como servizo esencial. “Dende o Comité de Expertos contamos cos coñecementos, a experiencia e o equipamento para facelo”, subliña.

Pola súa banda, Prefeuto Meixengo, tamén experto en telecomunicacións e ex xefe provincial de Inspección de Telecomunicacións de Lugo, destaca algúns dos servizos que son creados, mantidos e mellorados día a dá por enxeñeiros técnicos de telecomunicacións como “o teletraballo, a telemedicina, a televisión, a radio, Internet, os servizos de Corpos e Forzas de Seguridade, as comunicacións telefónicas” e outros moitos que prestan estes profesionais, “que son os competentes na xestión de todas esas novas e antigas infraestruturas que permiten que industrias, comercios, sanidade, defensa, transportes , turismo e moitas transversais máis, poidan prestar os seus servizos de forma invisible pero extremadamente eficaz”.

Heroes anónimos

Despois da situación que se está a vivir a nivel mundial pola crise da COVID-19, o decano do Coettga considera que os enxeñeiros técnicos de telecomunicacións son “heroes invisibles desta era”. “O núcleo da nosa profesión é o mantemento das redes e garantir a estabilidade das mesmas. Somos os responsables de garantir as telecomunicacións entre o fogar, as empresas, os clientes e a Administración”, salienta.

Grazas a estes profesionais, o Coettga sinala que os netos poden seguir saudando aos seus avós, unha familia illada pode facer a compra sen moverse da casa, temos os datos de infectados pola COVID-19 en tempo real, e os sanitarios e as Forzas e Corpos de Seguridade poden seguir prestando o seu servizo. En definitiva, considera que o motor do noso país segue en marcha grazas as telecos.

Non se nos ten en conta o suficiente. Nunca un goberno, as empresas e a sociedade nomearon tanto as telecomunicacións e chegar a recoñecerlle o rango de servizo básico, pero fálase pouco dos telecos, das persoas. De xeito que a España dos balcóns non está desquiciada, porque está conectada”, engade Martínez.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)