Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Abanca merca 150 unidades de UCI para doar ao Sergas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 25 DE MARZO DE 2020 · (0)



Son imprescindibles nos hospitais, xa que son os usados para pacientes con problemas respiratorios. Estímase que o 3% dos infectados co coronavirus necesitarán sistemas de ventilación mecánica. O modelo doado serve para adultos, nenos e bebés e permite aos profesionai usar diferentes modos de respiración artificial.


Segundo a entidade bancaria "estáns suxeito a uns estándares de calidade moi elevados". O reparto das unidades realizarase desde o Sergas entre os diferentes hospitais galegos. A compra destas unidades que funcionan como prazas de coidados intensivos foi decidida conxuntamente coa Xunta de acordo coas prioridades e urxencias do sistema de saúde galego nestas semanas.

Son máquinas que axudan ao paciente a respirar pola súa conta ou para que poida ter, coa axuda artificial, a ventilación que necesita. O modelo vai conectado a un ordenador cunha pantalla táctil onde se rexistran os datos necesarios para o persoal médico. Tamén contan con alarmas e avisan cando hai algún erro.

Ademais desta compra, Abanca tomou outras medidas como condonar tres meses de aluguer ás familias máis vulnerables, anticipar o pago das pensións aos preto de 400.000 clientes que teñen domiciliado este ingreso no banco e o ‘Plan Anticipar, que inclúe un paquete de medidas extraordinarias para acompañar e axudar ás familias e empresas con respostas anticipadas de financiamento coa mobilización de 8.300 millóns de euros.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)