Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

“Os ERTE só deben aplicarse naqueles casos nos que a supervivencia da empresa estea realmente en perigo”



REDACCIÓN · PUBLICADO O 25 DE MARZO DE 2020 · (0)



Carlos Martínez, presidente da Escola de Negocios IMF, coida que será fundamental a vixilancia e o seguimento das autoridades laborais "para evitar posibles casos de picaresca”.


Tamén pídelle ao Goberno que, unha vez que a situación remonte, leve a cabo medidas “que garantan un impulso do consumo co obxectivo de recuperar o máis rapidamente os niveis de actividade previos á declaración de alarma nacional. É fundamental para poder saír da crise, laboral e económica á que nos enfrontaremos”.

A pandemia causada polo virus  Covid-19, coñecido como coronavirus, está a causar un auténtico terremoto tanto económico como laboral no noso país. Son millóns os profesionais que non poden ir diariamente a traballar pero poden facelo dende a casa. Pero hai outros varios millóns que non poden facelo, debido a que o seu emprego require presenza física. Falamos de bares, restaurantes, fábricas, tendas de todo tipo, grandes superficies… E os ERTE son posiblemente una das solucións de máis rápido impacto para garantir a supervivencia de moitos dos negocios afectados. Pero só débense aplicar naqueles casos nos que a supervivencia do negocio estea real e efectivamente afectada e en perigo xa sexan grandes multinacionais ou pemes.

Os chamados Expedientes de Regulación Temporal de Emprego son unha modalidade de expediente recollida no artigo 47 do noso Estatuto dos Traballadores. Trátase dunha suspensión con carácter temporal dos contratos, un parón da relación laboral entre empresa e empregado que se establece por un prazo de tempo determinado e que as compañías adoptan por razóns económicas, organizativas ou de produción. Ou ben por causas de forza maior, como é o caso nesta crise.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)