Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

HM Rosaleda afirma que reforzou os servizos asistenciais relacionados coa atención da COVID-19



REDACCIÓN · PUBLICADO O 25 DE MARZO DE 2020 · (0)



A dirección do hospital compostelán, xunto coa dirección galega, explica que, tras a entrada en vigor do Estado de alarma, tívose que reorganizar a actividade para poder destinar todos os esforzos á loita contra a COVID-19.


As direccións local e galega do grupo HM Hospitales vén de emitir un comunicado que reproducimos a continuación.

COMUNICADO HM ROSALEDA  

Ante as informacións publicadas nos últimos días, a dirección do Hospital HM Rosaleda quere pór en coñecemento das autoridades, e de toda a sociedade, que as nosas instalacións están totalmente operativas, e adecuadamente reforzadas, e ao dispor dos pacientes que nestes momentos necesitan dunha atención sanitaria, tal e como nos esixiu a Autoridade Sanitaria.
Desde o Hospital compostelán está a traballarse desde o mesmo día en que se decretou o Estado de Alarma para cumprir escrupulosamente con todas as directivas, decretos e medidas aprobadas polos organismos e institucións competentes, entre elas a Instrución 6/2020 de reordenación asistencial ou a Resolución do 21 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e  Xustiza que ordenan a suspensión da actividade ordinaria e a actividade de fisioterapia, ás que se suma o peche das cafeterías, entre elas as dos hospitais.
Nestes momentos a actividade do hospital está por baixo do 25% dun día normal, polo que é necesario unha reorganización de todo o persoal NON ADSCRITO A SERVIZOS ASISTENCIAIS. Así mesmo, ESTAMOS a REFORZAR Os SERVIZOS ASISTENCIAIS RELACIONADOS COA ATENCIÓN DO COVID-19, como é o de hospitalización, que está a atender xa varios casos e preparado para poder responder a un incremento nos próximos días.
A dirección do HM Rosaleda e a Dirección Territorial de HM Hospitais en Galicia lembra que todos os seus hospitais están, como é a súa obrigación, ao dispor da Consellería de  Sanidade para que comprobe o cumprimento de todas as medidas decretadas tras o Estado de Alarma así como das medidas complementarias adoptadas para garantir a mellor asistencia sanitaria nun momento de extrema gravidade.
Por iso poñémonos ao dispor do Servizo Galego de Saúde para que proceda a comprobar, cando o estime oportuno, non só o preciso cumprimento da lei senón o esforzo que todo o persoal de  HM Rosaleda, e do grupo HM Hospitais, está a realizar para atender aos seus pacientes coa máxima excelencia asistencial, eficiencia e seguridade, como leva facendo desde fai máis de medio século.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)