Publicidade

Noite da enxeñaría en informática de Galicia


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Como ven o panorama autónomos e pequenos empresarios españois e portugueses?



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE MAIO DE 2020 · (0)



O marketplace de servizos Zaask lanzou un interesante cuestionario a profesionais da plataforma en Portugal e España que recolle as percepcións enrelación á situación financeira e se hai apoio por parte do goberno. Á pregunta de se consideraban pechar a actividade de aquí a final de ano, a maioría di que non (76%).


O 77,5% das persoas enquisadas por Zaask cren que tal vez poden xurdir novas oportunidades para os seus negocios, hai unha predisposición por parte do sector profesional español para adaptar os negocios a unha nova realidade. Esta opinión é bastante semellante entre os e as profesionais de Portugal. Con todo, e a pesar do optimismo, a realidade é que o 90% recolle que os seus rendementos diminuíron. A maioría (70%) afirma que caeron máis do 50%. 

En España a mostra está conformada maioritariamente por profesionais autónomos (86%), do mesmo xeito que en Portugal, onde a maior parte dos e as participantes son profesionais liberais, sen pertencer a unha estrutura empresarial. Das empresas que participaron en ambos os países, gran parte son microempresas (menos de 10 colaboradores) e a media de tempo de actividade é de 8 anos en España e de 10 en Portugal.

En Portugal a situación é moi similar aínda que levemente mellor, pois a porcentaxe de profesionais que rexistrou unha diminución dos seus rendementos é dun 87% e practicamente dous terzos da mostra (64%) apuntan que o impacto nos seus ingresos foi de máis da metade.  Estes números poden ser especialmente preocupantes considerando que, en España, a maior parte de profesionais e empresas contestou que, neste momento, as súas finanzas poderán resistir menos dun mes (26%) ou entre 1 e 3 meses (40%). Estes números aínda son máis preocupantes en Portugal, onde as porcentaxes aumentan ao 35% e ao 45%, respectivamente.

Isto significa que se non se retoma en breve a actividade económica, o que comeza aínda agora, créanse liñas de apoio financeiro e axudas estatais en ambos os países, a situación pode ser especialmente delicada, e tanto profesionais como empresas poden verse obrigados a cesar a súa actividade: case unha cuarta parte (24%) pondera cesar a súa actividade, o que é unha porcentaxe relativamente alta. De acordo cos resultados da enquisa portuguesa, as posicións da comunidade profesional lusa son similares (26% considera pechar a súa actividade de aquí a final de ano).

Cabe mencionar o descontento dos enquisados e enquisadas en España en relación ás medidas de apoio adoptadas polo goberno . A gran maioría dí que son insuficientes (75%), chegando a ser un 35% a porción da mostra que referiu que as medidas son completamente insuficientes. Esta opinión é bastante similar entre as e os profesionais portugueses, o 76% pensa que as medidas non son suficientes. En España, o 68% afirma non tentar acceder ás liñas de financiamento, sendo que o 41% deste grupo non o fixo porque non cumprían os requisitos. En Portugal, estes números aínda son máis elevados, un 80%.

Os españois e españolas móstranse reticentes a retomar xa a actividade económica, mentres que en Portugal avogan polo regreso inmediato. En termos de percepción dos e as profesionais, en ambos os países a maioría pensa que a economía volverá á normalidade antes do próximo ano (80% en Portugal e 75% en España). En España, o 52% dos e as profesionais que participaron na enquisa cre que se debe regresar no mes de maio, mentres que en Portugal este número alcanza o 68%. O impacto da pandemia foi menos grave en Portugal que en España.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)