Publicidade

Noite da enxeñaría en informática de Galicia


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Galicia posiciónase como segundo destino máis desexado na “nova normalidade”



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE MAIO DE 2020 · (0)



Xunto a Andalucía e a Comunidade Valenciana lidera a radiografía das viaxes realizado polo portal de escapadas temáticas Weekendesk, que revela que os viaxeiros teñen a vista posta nos meses de xullo, agosto e setembro, que xa acaparan o 75% das reservas dende este portal.


Viaxar segue sendo un dos principais desexos dos españois tras a fin da fase 3 e a chegada da “nova normalidade”. Mentres os hoteis e destinos turísticos preparan as súas novas medidas de seguridade e hixiene, moitos xa comezan a trazar os seus plans para as vacacións do verán. As compras anticipadas de paquetes vacacionais atópanse agora en constante aumento cada semana coa vista posta no verán, especialmente os meses de xullo, agosto e setembro.

A análise revela que dende inicios de maio as buscas de viaxes aumentaron un 29%. Segundo o portal, o sector das viaxes estará marcado polo turismo local, destinos moi preto de casa, a poucos quilómetros e que garantan conexión coa natureza, sendo o campo, a montaña e a praia os que acaparan as preferencias. O 89% das buscas en Weekendesk.es está relacionado con lugares a uns poucos quilómetros da residencia para que os usuarios poidan desprazarse co seu vehículo, o medio de transporte preferido para a maioría dos que queren facer unha escapada nos próximos meses.

Isto fixo que se produza un incremento significativo no interese dos españois por redescubrir a súa propia rexión ou provincias e comunidades próximas. En primeiro lugar, e liderando tanto as buscas como as reservas, atópase Andalucía concentrando o 29% das compras anticipadas para o verán dende o 30 de abril. Esta rexión perfílase como destino favorito non só para os propios andaluces, senón tamén a nivel nacional, especialmente para aqueles que se decantan por enclaves naturais, sendo as praias o lugar máis demandado (56% das vendas), seguido do turismo de relax e rural (32%).

Pola súan banda, Galicia convértese no destino máis reservado da zona norte e segundo a nivel nacional co 18% das vendas anticipadas. O 57 % decántase decanta polas costas galegas para pasar o seu verán, mentres que o turismo rural segue consolidándose como unha das opcións máis demandas co 22 % das reservas.

Asturias e Cantabria aglutinan boa parte das buscas grazas aos súas extraordinarias contornas naturais, que combinan a montaña e o mar, ideais para un verán tranquilo. As costas do Mediterráneo tamén adquiren máis protagonismo para os españois, sendo a Comunidade Valenciana e Cataluña as que despertan maior interese e lideran as vendas.

Orixe

Por orixe do tráfico web, a maioría das buscas proceden da Comunidade Valenciana, que rexistrou un incremento do 61% das consultas. Os madrileños (+58%), seguidos moi de preto polos andaluces (+56%), vascos (+54%) e cataláns (+43%) son os que máis buscan en Weekendesk.es. “Tras uns meses de parón, a análise de percepción dos usuarios de Weekendesk.es revela un maior interese por redescubrir destinos próximos en contornas tranquilas co claro propósito de descansar. A través da nosa web e as consultas que fixemos aos nosos clientes de forma interna, notamos unha preferencia clara por plans en espazos abertos, como a praia, o campo ou a montaña, en aloxamentos máis humanos cunha atención próxima e servizos que proporcionen desconexión”, explica Brigitte Hidalgo, directora adxunta de Weekendesk.

As conclusións da experiencia de cliente, segundo os expertos do portal, reflicten que o 50% dos seus usuarios prevé viaxar dentro dun mes ou dous sempre e cando se levanten as restricións de mobilidade e se permita o desprazamento entre provincias que se atopen na “nova normalidade” e superasen a fase 3, ou dentro da mesma provincia.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)