Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As cámaras e o Goberno crean un Selo de Confianza para o comercio



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE MAIO DE 2020 · (0)



Permitirá garantir aos establecementos que cumpren coas medidas de seguridade e hixiene pautadas polas autoridades. O distintivo ten como finalidade trasladar, tanto a empregados como a clientes, seguridade e confianza para a necesaria reactivación comercial. O selo poderá solicitarse nos próximos días en condicións económicas asequibles.


Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, e a rede cameral, a través da Cámara de Comercio de España, porán en marcha nos próximos días un Selo de Confianza para que os comercios poidan verificar que cumpren cos requisitos sanitarios recomendados polas autoridades. Este distintivo xorde froito dun convenio de colaboración no que o ministerio encomenda en exclusiva a xestión oficial das tramitacións ás cámaras de comercio.

Nun comunicado enviado onte, a Cámara da Coruña explica que traballou intensamente no deseño deste selo, que ten como finalidade trasladar, tanto a empregados como a clientes, seguridade e confianza a través do compromiso da empresa (calquera que sexa o seu tamaño e actividade comercial) de contar cun plan de seguridade e de cumprir coas recomendacións do Goberno nestes momentos nos que se reinicia a actividade.

A obtención do selo será sinxela, rápida e telemática. Tanto as cámaras de comercio como o ministerio aunaron esforzos para que as empresas interesadas poidan acceder a este distintivo nunhas condicións económicas asequibles para todos, independentemente do seu tamaño, co obxectivo último de axudar dunha forma eficaz á tan necesaria reactivación comercial. Así, para garantir o cumprimento do compromiso adquirido polos establecementos certificados, realizaranse verificacións aleatorias podendo, en caso de incumprimento, proceder á retirada do certificado. Esta acción forma parte do plan integral de axuda á reactivación do consumo e do comercio que están realizando as cámaras coa Cámara de España.

#TeEstamosEsperando

Xunto ao Selo de Confianza, o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través da Secretaría de Estado de Comercio, e a Cámara de Comercio de España tamén puxeron en marcha a campaña “Te Estamos Esperando” de apoio á actividade comercial. O lanzamento coincide co inicio da fase 1 do Plan para a Transición a unha Nova Normalidade na totalidade do territorio e pon en valor atributos do comercio como a proximidade, a confianza e a calidade, e resalta as medidas de seguridade que o sector adoptou para garantir aos seus clientes unha compra con todas as medidas de seguridade.

“Te estamos esperando” desenvolverase a través dos perfís institucionais do ministerio, a Cámara de Comercio de España e da rede cameral nas redes sociais Twitter, Facebook, Linkedin e Instagram, así como nas canales de Youtube da cámara e do ministerio, coa etiqueta #teestamosesperando.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)