Publicidade

Noite da enxeñaría en informática de Galicia


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os españois piden seguridade na volta ao traballo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 15 DE MAIO DE 2020 · (0)



Un estudo por B+SAFE revela que os traballadores queren medidas contra o contaxio nos seus lugares de traballo e o 97% sostén que a empresa debe ser a que as poña. Ao avaliar as medidas de seguridade máis efectivas, o 55% elixe a xestión de acceso con recoñecemento facial, control de temperatura e máscara.


A maioría dos traballadores españois quere volver á oficina, pero coa seguridade de que a empresa vai poñer as medidas necesarias para evitar contaxios. O estudo de B+Safe, realizado sobre unha mostra de 1.200 traballadores de diferentes sectores e con distintos perfís profesionais, indica ademais que o 59% dos entrevistados quere volver traballar dende a oficina e, do total, a un 33% gustaríalle teletraballar ao menos un día á semana. Pola súa banda, o 46% di non ter medo por volver ao traballo, pero lle gustaría contar nesta volta con medidas de seguridade adaptadas á súa actividade, un 29% afirma non ter miedo e o 24% restante recoñece si telo.

Ao avaliar as medidas de seguridade máis efectivas, o 55% decántase pola xestión de acceso con recoñecemento facial, control de temperatura e máscara; o 34%, polas cámaras termográficas con control de temperatura e desinfección de instalacións con ozono, e o 11% afirma que é imposible controlar o contaxio. Para eles, a seguridade é clave e por iso un 89% está disposto a someterse a controis diarios de temperatura, ao entender que é unha boa medida para evitar contaxios. Ao 10% restante dalle igual, se ben di que non lle gusta moito a idea de estar tan controlado.

Para o 68% dos entrevistados, estas medidas deben manterse polo menos ata que haxa unha vacina e para o 15% ata que baixe o número de contaxios. Un 12% cre que habería que mantelas para sempre e o 4% restante, mentres dure o estado de alarma. Ante a pregunta de se se deben manter os sistemas de fichaxe vía web ou app –que non requiren un contacto físico– os días de traballo presencial, o 66% responde afirmativamente e o 33% di que non sería necesario se se toman medidas de limpeza. Finalmente, o 50% considera que non deben manterse estas medidas de maneira indefinida, independentemente da pandemia da COVID-19, e o 49% restante sinala que si, “xa que poden darse outras pandemias”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)