Publicidade

Noite da enxeñaría en informática de Galicia


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Máis do 70% dos españoles apostará polo turismo local nas súas vacacións



REDACCIÓN · PUBLICADO O 15 DE MAIO DE 2020 · (0)



Segundo un estudo elaborado por HomeExchange, máis da metade dos entrevistados poderán organizar as súas vacacións de verán nas próximas semanas. Os datos extraídos reflicten un alto interese polo aloxamento en espazos privados, a posibilidad de realizar actividades ao aire libre e pola garantía de cancelación da reserva.


A pesar de todas as limitaciones ás que se enfronta o turismo, máis da metade dos españois non deixou de imaxinar e planear as súas vacacións para os próximos meses durante o confinamento. Sen embargo, un 35% asegura que só gozará destas vacacións sempre que consigan atopar unha opción que garanta a súa seguridade en todo momento.

Neste sentido, tanto a nivel global como en España, o turismo local converterase nunha das tendencias imperantes durante os próximos meses. Así, as restricións actuais fan que máis do 70% dos españois asegure que esta será a opción que escollerán nun primeiro momento como medida preventiva ante a situación. Cifras que se poderán confirmar nas próximas semanas xa que, segundo os datos extraídos por HomeExchange, un 76% da poboación poderá comezar a organizar as súas vacacións de verán para entón.

Entre os principais criterios que teñen en conta os entrevistados de cara á organización das súas vacacións, destaca a posibilidade de contar con aloxamentos para gozar de maneira privada e así asegurar que se cumpren con todas as medidas de seguridade necesarias para evitar o aumento de contaxios. En segundo lugar, os españois terán en conta destinos e aloxamentos que permitan a realización de actividades ao aire libre. A diferenza entre destinos excesivamente turísticos e lugares menos concorridos e coñecidos ocupa o terceiro lugar e, por último, asegurar o seguro de cancelación do aloxamento.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)