Publicidade

Noite da enxeñaría en informática de Galicia


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As habitacións de hotel poderían abaratarse un 20% en 2020



REDACCIÓN · PUBLICADO O 19 DE MAIO DE 2020 · (0)



Chema Herrero, profesor de Revenue Management no Master de Dirección Hoteleira da Escola de Negocios Turísticos Forst, considera que a apertura do mercado internacional condicionará a reactivación dos establecementos hoteleiros, e alerta do crecemento de destinos como Portugal e Grecia fronte a España.


O experto afirmou onte que a situación de incerteza que sofre o sector turístico se concretará nunha caída dos prezos pola habitación hoteleira que roldará entre un 15% e un 20% durante os próximos meses, segundo explicou no se relatorio titulado “Revenue en tempos de coronavirus”, no marco do programa “Pilulas de coñecemento para afrontar os novos retos tras a COVID-19”, impulsado por Turisme Comunitat Valenciana.

Segundo Herrero, a situación de incerteza que xerou a pandemia da COVID-19 tamén se traducirá nunha clara baixada de prezos por habitación naqueles establecementos que decidan abrir as súas instalacións nestes meses. “Estamos nunha decisión que debemos meditar con datos claros, elementos que hoxe non tenemos e que estamos a expensas de cambios normativos case a diario. Do que non teño dúbidas é de que se non hai apertura e mobilidade do cliente internacional, non será rendible na maioría dos casos”, sinalou.

Se se compara con datos históricos doutras crises como en 2007 e 2008, non cre que o mercado nacional poida ser suficiente para soster os negocios en termos de rendibilidade durante estes meses. “Case catro millóns de persoas no paro poden dicirnos que adicarán as súas vacacións como na anterior crise, a irse ao pobo dos seus pais, a buscar outras alternativas diferentes”, augurou.

Cancelacións sen custo

O profesor da Escola de Negocios Turísticos Forst anticipou que os establecementos que decidan abrir as súas portas terán que enfrontarse a unha inevitable baixada de prezos, e a modelos de flexibilización co seu cliente como as políticas de cancelación sen custo das súas reservas. “As previsións son que oscilen entre este 15% e 20%, pero os datos das reservas de diversos hoteis que analizamos se sitúan entre un 12% no mes de xullo e algo maior, ata o 17% en agosto”, engadiu ao tempo que asegura que é cedo, porque non se sabe como vai reaccionar a oferta nin a demanda dos hoteis urbanos nin dos vacacionais.

Para o experto en Revenue Management, todo dependerá dos comportamentos da oferta. Un primeiro elemento é que será máis limitada, porque non todos abrirán. Herrero advertiu da presenza de políticas “kamikazes” en prezos de determinados establecementos; é dicir, aqueles que farán ofertas de prezo por debaixo da media da competencia. “Son casos moi excepcionais de centros hoteleiros que necesitan ingresos e liquidez”, comentou, aínda que cre que haberá máis exemplos do modelo “conservador”, que situarán os seus prezos sobre a media da competencia. E apuntou aue haberá tamén un tipo tamén, ao que denominou “chulito”, que, segundo dixo, se “equivocará porque non poderá competir como se non pasase nada, aplicando os mesmos prezos que antes de marzo de 2020”.

Portugal e Grecia

Por outra banda, Herrero alertou ante determinadas decisións políticas que sitúan nunha posición de debilidade a España como potencia turística fronte a outros destinos, especialmente Portugal e a súa rexión do Algarve ou Grecia. “Algunhas cuestións como o establecemento da corentena para viaxeiros estranxeiros, mentres que no resto de Europa se toman decisións diferentes, nos deixa en situación de debilidade. Segundo explicou, hai operadores que se inclinan cara Grecia ou Portugal, que ven máis seguros e con decisións más concretas”. Segundo os datos ofrecidos, as buscas e reservas estanse centrando nestes países, por riba de niveis doutros anos.

O consello de Herrero foi tomar decisións en función de datos concretos, analizar as tendencias e aplicar en función de decisións certas non suxeitas ás fakenews que se prodigan no sector. E pon por exemplo a proliferación de selos de calidade en referencia ás garantías sanitarias. “O máis prudente é esperar a que haxa un so selo de calidade e seguridade, que sexa global. Non todos estes que están multiplicándose e que cambian cada día. E que este selo non faga referencia á COVID-19 Free, porque iso non se pode asegurar, senón que se refira ao seguemento dos protocolos de limpeza, hixiene e saúde”, recomendou.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)