Publicidade

Noite da enxeñaría en informática de Galicia


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Formación para non dar puntada sen fío



REDACCIÓN · PUBLICADO O 19 DE MAIO DE 2020 · (0)



A Xunta e o sector do turismo galego ultiman esta semana unha norma xeral para establecer protocolos de obrigado cumprimento nos negocios hostaleiros e comezar coas formacións obrigatorias o luns 25 de maio por medio dun webinar. Se ben hai iniciativas privadas que se adiantan.


O primeiro protocolo completo que se publicou en España foi o elaborado conxuntamente pola organización internacional de cociñeiros Euro-Toques e o Basque  Culinary  Center, e poucos días despois o Instituto para a Calidade Turística Española divulgou a versión definitiva. Precisamente con base nos protocolos do ICTE e con vistas a unha certificación «Libre de Covid-19», a norma da Xunta será de cumprimento en axencias de viaxes, albergues, aloxamentos rurais, balnearios, cámpings, campos de golf, guías de turismo, hoteis, museos, oficinas de información turística, restaurantes, turismo activo e ecoturismo. 

Tanto no caso do de Basque Culinary Center como no do Instituto para a Calidade Turística Española, que ben sirven para calcular por donde irá o protocolo galego, ambos coinciden en distancias de seguridade de 2 metros entre clientes descoñecidos ou de 1,5 se comparten mesa, a necesidade de usar máscaras e EPIs para as situacións en que non se poida respectar, dispoñer de xeles hidroalcoólicos, pezas de uso laboral exclusivo lavadas a diario a máis de 60º C, temperaturas de pasteurización na cocción e desinfectantes alimentarios para os crus, desinfección frecuente de obxs e superficies en cada servizo, e unha estrita xestión ao recibir mercadorías de provedores e na almacenaxe para non introducir contaminación exterior na cociña.

Os clientes terán que afacerse a chegar aos restaurantes e non atopar as mesas dispostas ata sentar, sen unha barra repleta, sen compartir pratos no centro da nosa mesa de amigos, nin pasar dunhas mesas a outras  salsas, servilleteiros, palilleiros,  vinagreras ou a cesta de pan. Un aspecto moi importante é a formación obrigatoria para capacitar ao persoal para dominar a execución dos novos protocolos que inclúen:

  1. Coñecer o poder de propagación do virus, as súas vías de contaxio confirmadas pola ciencia e a súa sintomatoloxía.
  2. As regras de distanciamento interpersoal ao distribuír os seus espazos.
  3. As pautas de manipulando os alimentos con total hixiene e seguridade.
  4. Saudar e comunicarse sen contacto físico.
  5. Cando e como lavarse as mans adecuadamente.
  6. Xestionar a vestimenta profesional, sen ornamentacións nin contacto con obxectos persoais.

A  experta en neurodidáctica profesional e CPO da asesoría de Recursos Humanos Siltom Institute, Maribel Bainad sinala que “nesta carreira por ser o restaurante máis seguro, tras un investimento por adaptar os espazos e comprar o material de protección necesario, hai que evitar que o persoal sexa o gran talón de Aquiles que incumpra os protocolos cando o seu xefe non mira”.  

Para dar apoio aos que queiran facer as cousas ben desde o 11 de maio lanzaron unha campaña solidaria na que ofrecen formar gratuitamente a 15 persoas de cada restaurante cunha metodoloxía que fusiona a gamificación coas 10 mellores técnicas neurodidácticas de retención de coñecementos. “As recensións da app que están a deixar os participantes indícannos que o formato da metodoloxía xunto ao contido non só lles está facilitando a aprendizaxe senón que resúltalles motivador e interesante”, afirma Maribel Bainad.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)