Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Tesa Díaz-Faes, nova presidenta da Asociación de Directivos de Comunicación



REDACCIÓN · PUBLICADO O 19 DE MAIO DE 2020 · (0)



Dircom vén de anunciar a renovación da xunta directiva da súa delegación en Galicia, liderada por quen é a directora corporativa de Comunicación do Grupo Nueva Pescanova e que vén a substituir a Amalia Baltar. Agora Dircom tentará estender a influencia cara a Asturias, creando Dircom Noroeste.


Tesa Díaz-Faes, licenciada en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Navarra, PDD do IESE e Proxecto Promociona de CEOE e ESADE, leva anos traballando en estratexias de comunicación corporativa e de produto en sectores de consumo, banca, enerxía, tecnoloxía e asociacións empresariais. Tamén exerceu o xornalismo en El Mundo, Telecinco, Europa Press e The Miami Herald, e é membro do claustro de profesores do Máster de Dirección en Comunicación e Publicidade de ESIC Business & Marketing School.

Segundo Díaz-Faes o programa que desenvolverá durante os próximos catro anos baséase nos seguintes eixos:

·         Converter á Delegación Dircom Galicia na Delegación Dircom Noroeste, aglutinando aos directores de Comunicación de Asturias e consolidando a Dircom como a Asociación de Profesionais da Comunicación de referencia na zona.

·         Fomentar as relacións institucionais dos asociados para que Dircom convértase en facilitadora dunha rede de relacións relevantes para os profesionais da comunicación en cada provincia. Organizarase un congreso anual como peza estratéxica nas compañías e organismos.

·         Ofrecer aos socios unha formación de calidade e  traballar nunha maior visibilidade de todos os asociados en actividades.

·         Fomentar actividades de networking para xerar maior coñecemento entre socios, facilitar o intercambio de experiencias.

A nova xunta directiva elixida para 2020-202, componse de outros sete profesionais con recoñecida traxectoria: Isaac González (Abanca) será vicepresidente; Emma Cid (Torres & Carrera) secretaria; Boris Gayoso (Cecubo Group) tesoureiro; e vocais: María Sande (Coca-Cola European Partners), Pati Blanco (El Corte Inglés), Amalia Gallego (Balneario de Mondariz) e Luís Fraga (Formador en Comunicación).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)