Publicidade

Noite da enxeñaría en informática de Galicia


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Máis de 56.200 persoas atendidas en Galicia fronte á COVID-19



REDACCIÓN · PUBLICADO O 20 DE MAIO DE 2020 · (0)



O Plan Cruz Vermella Responde, deseñado para facer fronte á enfermidade provocada polo coronavirus, permitiu realizar máis de 15.500 entregas de produtos de primeira necesidade, máis de 60.000 chamadas de seguemento e máis de 2.100 actividades de apoio escolar, entre outras actuacións.


Cruz Vermella vén superou os obxectivos e espectativas do seu plan Responde, un programa específico de actuación fronte á COVID-19 que se lanzou hai xusto dous meses (18 de marzo) para apoiar ás persoas en situación de vulnerabilidade e poboación en xeral. No caso de Galicia, a organización humanitaria atendeu a 56.251 persoas a través de 93.253 intervencións integrais nos ámbitos de emerxencias, inclusión social, saúde, educación e emprego. Estas son algunhas das accións e datos destacados deste balance de dous meses:

  • O Centro de Operacións de Cruz Vermella en Galicia estivo operativo e funcionando 24 horas, proporcionando apoio loxístico e xestionando os recursos necesarios en diferentes actuacións. E estivo pendente da atención ás persoas usuarias dos servizos de teleasistencia.
  • Colaborou na montaxe de sete albergues de aloxamento temporal para persoas sen fogar na Coruña (2), Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, que en total suman 330 prazas. Así mesmo, se coordinou cos concellos correspondentes para colaborar na xestión de varios destes albergues, mentres os equipos de atención a persoas sen fogar continuaron realizando saídas de rúa para apoiar ás persoas que o pudesen necesitar.
  • Tivo dispoñibles 18 ambulancias e 30 vehículos de transporte adaptado e emerxencia, que permitiron realizar 634 traslados de transporte sanitario e 587 mobilizacións de persoas vinculadas á COVID-19.
  • Realizáronse 15.537 entregas de bens de primeira necesidade, a maioría alimentos e outros produtos básicos, a familias e persoas en situación de vulnerabilidade.
  • Proporcionou asistencia para trámites (bancos, compras…) e en total contabilizáronse 2.171 trámites.
  • Efectuou 60.169 chamadas de seguemento, información e acompañamento a persoas maiores, con discapacidade, enfermidades crónicas ou que viven soas e son usuarias ou participan en proxectos de Cruz Vermella. Detectar necesidades, coñecer o estado de saúde e ofrecer pautas básicas de prevención fronte ao coronavirus foron os principais obxectivos destas chamadas.
  • Realizáronse 891 asistencias en materia de saúde farmacolóxica e outras 278 asistencias e orientacións de carácter psicosocial.
  • No eido do emprego, fixo 1.268 actividades de información e orientación laboral con persoas que perderon o seu posto de traballo ou están preocupadas ante un futuro laboral incerto.
  • O programa de Promoción de Éxito Escolar virtualizouse e realizáronse 2.114 actividades de apoio escolar a nenos en situación de vulnerabilidade.

A nivel nacional, o obxectivo inicial era atender a 1.350.000 persoas vulnerables e superouse a cifra xa que, no citado período, a organización logrou apoiar a 1.605.191 persoas a través de 2.253.000 intervencións.

O voluntariado foi fundamental para levar a cabo este plan, xa que máis de 1.277 voluntarios se mobilizaron en Galicia para atender ás persoas vulnerables. Entre eles, 589 foron novas incorporacións, persoas que se comprometeron con Cruz Vermella a raíz desta crise. Todos eles recibiron formación específica sobre pautas de seguridade e prevención da COVID-19. En toda España, un total de 45.903 voluntarios estiveron mobilizados.

Ampliación do chamamento

Ante o crecente impacto económico, social e laboral desta crise e o previsible incremento das situaciónes de precariedade no país, a organización considera necesario ampliar e reformular a súa intervención co chamamento Cruz Vermella Responde Recuperación para chegar a máis persoas e durante máis tempo. Esta nova fase deu comezo o luns e ten unha duración de meses meses, período durante o que se espera atender a máis de 2.400.000 persoas vulnerables. No caso de Galicia, a previsión é chegar a máis de 225.000 persoas.

Con esta ampliación, a organización humanitaria incrementa e reforza os seus programas e mecanismos de actuación, axustando a intensidade e pesos da súa intervención para apoiar a recuperación da sociedade, en especial das persoas máis vulnerables, mediante unha resposta integral dende todas as súas áreas de coñecemento en Socorros, Saúde, Inclusión Social, Emprego, Educación e Medio Ambiente, para contribuír de forma positiva e decidida ás fases de estabilización e recuperación.

Os principais obxectivos son, por unha banda, dirixir os esforzos cara o restablecemento das condicións de vida e mellora do benestar das persoas en situación de dificultade e, por outra, seguir dando resposta ás súas necesidades básicas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)