Publicidade

Noite da enxeñaría en informática de Galicia


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Que sectores notaron máis o impacto no primeiro trimestre e cales se viron beneficiados co confinamento?



REDACCIÓN · PUBLICADO O 20 DE MAIO DE 2020 · (0)



O máis favorecido neste primeiro trimestre de 2020 foi TV & Cinema cun crecemento do 8,4%. Pero tamen a moda viu como aumentaba, o peche de tendas de mediados de marzo fixo que a xente tirase de medios dixitais. Medrou un 5,9% ata marzo. Os resultados son equilibrados porque puido compensarse o descenso de marzo co crecemento de xaneiro e febreiro.


Tamén o uso dixital e de aplicacións móbiles gañou aínda máis peso, polo máis que nunca é fundamental coñecer como se sitúa cada sector e que marcas víronse máis afectadas. O resto de sectores como Finanzas (2,5%), Restauración (1,5%), RRSS (1,4%), Prensa (1,3%), Xogos (0,8%) ou Comunicación (0,8%) conseguiron manterse e mesmo crece lixeiramente o uso que se fai das súas apps.

Smartme Analytics, publicou unha nova entrega do seu estudo para axudar a dar resposta a todas estas cuestións. O Informe Xeral Mobile é trimestral e permite coñecer a cota de mercado na canle móbil, competidores e variacións. O Smartme Flash Index, é un índice que identifica os actores con mellor e peor desempeño dixital. Ambos os estudos analizan Comunicación, Finanzas, Xogos, Moda, Prensa & Radio, Restaurantes &  Delivery,  Retail, Social Media,  Telco, Transporte, TV & Cinema, Viaxes e Outros.

Sectores que crecen

O sector máis favorecido neste primeiro trimestre de 2020 foi o de TV & Cinema cun crecemento do 8,4%. A necesidade de pasar tanto tempo en casa, eas ofertas de distintas empresas de streaming, provocou un crecemento de case todas as aplicacións dun sector onde Netflix segue intratable. O segundo sector que máis viu como aumentaba o seu uso neste período foi Moda, valeulle un crecemento do 5,9.

Sectores que caen

A pesar de que, de inicio, pode parecer que o sector máis prexudicado pola crise do coronavirus foi Viaxes, os datos demostran que son as apps de Transporte as que peores resultados mostraron no trimestre cun descenso do -6,7%. Viaxes caeu un -1,2% compensando a caída de marzo cos resultados positivos de xaneiro e febreiro. Telco (-3,4%) e  Retail (-1,0%) son os dous sectores que acompañan en negativo ás cifras mencionadas anteriormente do turismo e que terán peores resultados de seguro no segundo trimestre.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)