Publicidade

Noite da enxeñaría en informática de Galicia


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Nueva Pescanova únese aos Principios para un Océano Sostible da ONU



REDACCIÓN · PUBLICADO O 21 DE MAIO DE 2020 · (0)



Coa súa adhesión a este pacto mundial reforza o seu compromiso coa sostibilidade dos océanos, que xa desenvolveu con accións de protección medioambiental e conservación da biodiversidade, así como co uso racional dos recursos naturais. Con esta unión a multinacional garante prácticas responsables nos 19 países nos que está presente.


A través de esta adhesión, na semana dos océanos de Pacto Mundial que se está celebrando, o grupo comprométese a continuar asegurando o coidado dos mares, así como a que os riscos e oportunidades relacionados co coidado dos océanos se sigan integrando na estratexia corporativa global, na xestión de riscos e a presentación de informes que apoien estes principios nun espírito de mellora continua.

Desta forma, a compañía busca impulsar as súas 101 accións aliñadas ao Obxectivo de Desenvolvementlo Sostible (ODS) número 14, enfocado na protección, conservación e uso sostible dos océanos, mares e recursos mariños. En palabras de Ignacio González, CEO do Grupo Nueva Pescanova: “Traballamos para promover e caracterizar todos os nosos proxectos identificando a nosa contribución activa aos 17 ODS, especialmente no caso de aqueles relacionados coa sostibilidade e os océanos, un ecosistema do que depende a nosa actividade e que debemos coidar entre todos”.

Segundo sinalan dende o grupo, o éxito das súas actividades produtivas de pesca e acuicultura depende, en gran parte, da produtividade dos ecosistemas naturais, polo que o desempeño sostible é un obxectivo prioritario para eles. A través de accións de protección medioambiental, conservación da biodiversidade e uso racional dos recursos naturais, o Grupo Nueva Pescanova explica que contribúe ao mantemento da súa calidade, diversidade e dispoñibilidade en cantidade suficiente para o uso das xeracións presentes e futuras.

Pescanova Blue”

A compañía conta con iniciativas de actuación responsable cos mares cumprindo cos principios da FAO e participando cos gobernos dos países onde opera para un progresivo e mellor ordenamento xurídico e biolóxico dos seus recursos. Entre as accións aliñadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible en pro do océano destaca o Programa de Sostibilidade “Pescanova Blue”, un plan integrado de iniciativas deseñadas para conducir e documentar a actuación responsable e o uso sostible dos recursos naturais ao longo de toda a cadea de valor da empresa: pesca, cultivo, elaboración e comercialización.

Entre outros exemplos de iniciativas postas en marcha para favorecer a protección dos océanos, a compañía di que está renovando a súa flota con novos buques que incorporan a última tecnoloxía para unha maior eficiencia enerxética e pesqueira, e está reforzando as súas actividades acuícolas para asegurar a nutrición humana con proteína animal de orixe mariña, aliviando así a presión sobre os caladoiros salvaxes.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)